Lugo, 24 de xaneiro de 2022. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a xornada A forza das mulleres rurais -organizada en Lugo pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur)- onde incidiu no papel das mulleres galegas do rural como “axentes de cambio” e instou ás administracións, empresas e sociedade a “sumar forzas” e evitar as desigualdades que lles afectan. Neste foro, a conselleira anunciou que a Xunta está a traballar nun Estatuto da Muller Rural e do Mar que se incorporará proximamente á nova lei de igualdade de Galicia.
O Estatuto, no que a Xunta está a traballar “intensamente” para que vexa a luz canto antes, especificou Lorenzana, recoñecerá os dereitos destas mulleres con atención ás súas particularidades asociadas. “É positivo e comprensible o seu desenvolvemento”, reflectiu a conselleira, quen incidiu na súa intervención na necesidade de valorizar á muller rural e de consolidar o seu movemento asociativo.
“Aínda hoxe non somos plenamente conscientes da débeda que temos coas mulleres rurais, axentes indispensables na supervivencia (nas épocas máis complexas) e o avance socioeconómico do noso territorio”, amosou Lorenzana, quen recalcou que “as mulleres rurais foron, son e serán auténticas axentes de cambio” e “son protagonistas por dereito, pero tamén polo incalculable mérito das súas achegas, no desenvolvemento socioeconómico do territorio”.
Lorenzana animou ao tecido asociativo, ás administracións e á poboación a sumarse á forza das mulleres rurais para “mellorar aspectos que a día de hoxe aínda seguen influíndo negativamente nas mulleres, implicando discriminación e desigualdade por razón de xénero”. Remarcou algúns aspectos nos que incidir: eliminar a brecha de xénero, promover a corresponsabilidade e a conciliación, garantir a igualdade de oportunidades e de retribución, incentivar o liderado e a promoción profesional das mulleres, potenciar o emprendemento feminino, facer máis accesibles as novas tecnoloxías ou fortalecer o movemento asociativo de mulleres rurais.
Algúns indicadores evidencian que as mulleres rurais son impulsoras de avances económicos e sociais. Tal como enumerou a conselleira, Galicia conta cun sector primario que mellora a súa competitividade e as súas condicións de traballo. Á vez estanse a xerar sinerxías con outros sectores en auxe, como o sector servizos, que xa representa máis do 40% do PIB no ámbito rural.
Xornadas como a de hoxe, afirmou a titular de Emprego e Igualdade, “serven para visibilizar a resistencia e o vigor que as nosas aboas e nais, as nosas devanceiras, demostraron durante toda a vida para forxar un pasado, un presente e un futuro que hoxe desfrutamos e que debemos agradecer”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



