Cervo, 27 de febreiro de 2022. O deputado popular, José Manuel Balseiro, considera necesario promover un debate sobre a necesidade de simplificar o proceso de formación, así como a homologación de titulacións no ámbito marítimo pesqueiro. Con esta finalidade defenderá unha iniciativa na vindeira sesión da Comisión de Pesca do Parlamento galego prevista para a semana que comeza.
O parlamentario di que tanto os profesionais que deben enrolarse nos barcos, como as empresas armadoras, están sometidos a unha gran “carga administrativa” pola complexidade que na actualidade presenta o proceso de homologación da experiencia profesional para tripulantes e mandos, así como pola falta de flexibilidade dalgúns itinerarios formativos, problemática que se suma á escaseza de man de obra cualificada.
“Non é xusto, nin razoable, que un profesional do mar perda tempo e diñeiro en papeleo, cando hai demanda de emprego no sector e hai persoas cualificadas para desenvolver eses traballos, que teñen que estar meses de agarda para homologar os seus títulos ou acreditar a súa experiencia laboral. A administración ten que ser rigorosa, e garantir unha formación de calidade e suficiente, pero non actuar como un obstáculo”
NORMATIVA ESTATAL QUE PODE MELLORARSE
O tamén presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia di que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación debe afrontar este debate e coordinar coas comunidades autónomas a fórmula que sirva para facer máis sinxelos e áxiles todos os trámites de obtención destes títulos e homologacións.
Na actualidade os títulos profesionais do sector pesqueiro están regulados no Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, que traspón á lexislación española o Convenio internacional sobre normas de formación titulación e garda para o persoal dos buques pesqueiros.
De xeito paralelo, a Lei Orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditacións, que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas.
“Queda claro que as competencias básicas de ordenación nesta materia corresponden ao Ministerio competente en materia de pesca. A propia normativa permite á administración establecer os requisitos de acceso correspondentes a cada título, así como o camiño que debe seguirse para a homologar a experiencia laboral destes profesionais”.
Segundo explica Balseiro hai profesionais enrolados nos buques de pesca que pola súa experiencia e capacidade, sumándolle unha formación complementaria, poden realizar outras atribucións de maior complexidade, pero a dificultade nos procesos de homologación de títulos e a rigorosidade da actual sistema de formación náutico pesqueira fan que desistan no intento”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



