Foi un das dúas organizadas en toda Galicia polo colectivo de xubilados que reclamaron, unha vez máis, pensións dignas.

Este 1 de decembro, como todos os sábados primeiros de mes, reclamaron unha vez máis unhas pensións dignas.
O filme, dirixido polo xornalista Pedro Lechuga, ofrece unha retrospectiva sobre os movementos populares que nos anos setenta lograran deter a construción dunha central nuclear neste concello mariñao. A cita é o mércores, 6 de decembro, ás 19h.
O alcalde, Dani Vega, dirixiulle á veciñanza congregada no parque de San Francisco para desexarlles unhas boas festas. Despois visitou o Mercado do Nadal instalado na contorna da Praza de Abastos. Fíxoo acompañado das concelleiras e concelleiros do equipo de goberno Montse Seijo, Elena Sierra, Francisco José Silvent e Diego dos Santos. E a continuación foi inaugurado o photocall de Acisa Ribadeo na rúa Rodríguez Murias. Neste percorrido tamén participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Asistiu tamén ao acto de acendido do alumeado de Nadal o presidente da comisión de festas de Ribadeo, Gonzalo Lebredo.
Celebrarase o 5 de decembro de 11 a 12 no Centro Sociocultural, organizada polo Concello de Alfoz en colaboración coa Escola Galega de Consumo. Daranse recomendacións sobre hábitos e criterios a ter en conta para un consumo máis responsable, convidando á reflexión crítica sobre o consumismo, especialmente agora que se achegan as datas do Nadal. Trátase dunha xornada aberta ao público para a que non é necesaria inscrición previa.
Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ polo que seis alumnos se beneficiarán dunha estadía de prácticas en Europa.
Un drama para público adulto. A cita é ás 20:30h. Venda de entradas de luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.e,s ou na taquilla unha hora antes da función.
A marcha saíu ás 12:00 horas dende os Castelos, en Covas, e rematou na praza Maior de Viveiro. A concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, salientou que “o concello segue no seu firme compromiso de facer de Viveiro un lugar igualitario, promovendo unha educación en igualdade para que a nosa rapazada teña ferramentas para construír unha sociedade mellor”. “Traballamos os 365 días do ano para que Viveiro sexa un pobo libre de violencia de xénero”, engadiu.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital