Ribadeo, 17 de xaneiro, 2024. En días pasados, un grupo de voluntarios de MODEPEN – Ribadeo estivo a desenvolver unha enquisa entre os usuarios do centro de saúde de Ribadeo. O cuestionario,... Ler máis
Ribadeo, 26 de decembro de 2023. Tal como temos anunciado o pasado 21 de decembro tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde. Polo concello estaban o Sr. Alcalde, o técnico municipal e outra per... Ler máis
Ribadeo, 13 de decembro, 2023. O colectivo de pensionistas da Mariña de MODEPEN -Movemento de Pensionsitas de Galicia- ven analizando dende hai varias semanas a ubicación do futuro Centro de... Ler máis
Queren dar todo o respaldo á sanidade pública porque máis que nunca a sociedade debe respaldar todos aqueles sectores que hoxe en día están máis desprotexidos. Ler máis
Foi un das dúas organizadas en toda Galicia polo colectivo de xubilados que reclamaron, unha vez máis, pensións dignas. Ler máis
A Mariña, 10 de febreiro, 2022. As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver sair á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións... Ler máis
Ribadeo, 10 de febreiro, 2022. Este sábado 12 de febreiro ás 12 da mañá e dende a estación de autobuses de Ribadeo, a plataforma Modepen A Mariña, convoca a todos os pensionistas e xubilados... Ler máis
Ribadeo 7-11-18. Para crarexar algúns comentarios que temos escoitados nos días pasados vemonos na obriga de dar a seguinte nota informativa: 1.- O colectivo MODEPEN defende a tódolas persoa... Ler máis

















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.



