Ribadeo, 22 de febreiro de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha actividade formativa sobre a instalación de cartón xeso para o alumnado do Ciclo de Obras de Interior. Está impartida por un monitor da empresa Placo, que se desprazou ao centro ribadense para ensinar aos alumnos novidades na instalación deste material durante as tardes de onte, luns, e hoxe, martes, en horario lectivo.
O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “esta formación corre a cargo da empresa Placo, coa que o centro ten un convenio de colaboración e ademais esta firma ten un acordo co Ministerio de Educación para realizar a formación nos centros de FP que contan con ensinanzas de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación. Esta empresa dedicase principalmente á colocación de cartón xeso en interiores e ten tamén novidades en aplacado exterior para vivendas, que é interesante para esta zona onde estamos porque, pola humidade que hai e o frío, convén sempre poñer un aplacado exterior para protexer as fachadas”.
José Méndez de Andés destaca que con esta formación “o alumnado aprende as novidades que saen no referido á instalación de cartón xeso, que é un dos módulos principais do ciclo de Obras de Interior que temos no Porta da Auga. Ademais esta empresa colabora co centro tamén no equipamento de seguridade e de traballo para os alumnos: roupa, botas e outro material que usan normalmente”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



