Viveiro, 22 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro programa diferentes actividades nas vindeiras semanas con motivo do Día de Rosalía de Castro, que se celebra mañá mércores 23 de febreiro, conmemorando o seu nacemento.
“Sumámonos como Concello un ano máis á celebración desta efeméride, para enxalzar a herdanza literaria de Rosalía de Castro, referente das nosas letras”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Dunha banda, a ilustración de Rosalía de Castro, feita polo artista viveirense Primitivo Marcos, será a imaxe que empregue o Concello de Viveiro para conmemorar este efeméride.
Ademais, aproveitando o día dedicado a esta escritora, o Concello de Viveiro pon en marcha o primeiro club de lectura en feminino. A actividade conta co apoio do Centro de Información á Muller (CIM) e a Biblioteca Municipal de Viveiro.
“Ninguén mellor que Rosalía de Castro para ser madriña deste club, unha escritora que foi defensora do feminismo nunha complicada época para a muller”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura. Doutra banda, todas as persoas que recollan un libro na biblioteca este mércores recibirán un recordo doce desta efeméride.
Estas actividades complétanse cunha acción de rúa que permitirá achegar a figura de Rosalía de Castro dun xeito divertido e novidoso. “Entre as 17:00 e as 20:00, estará instalado un fotomatón gratuíto na praza da Fontenova e as persoas que se acheguen recibirán unha frase da nosa autora máis internacional e especial”, explica a edil de Cultura.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



