Foz, 12 de febreiro, 2022. A comisión de festas o Noso Foz e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias e o COVID.
O programa, que está pechando os seus últimos detalles, é amplo e inclúe diversos actos.
O próximo sábado 19 ás 15.00h será a comida de coroación na que sobre ás 17.30h Roberto Gómez (Alfalfa) recibirá a coroa de Andrea García Mondelo.
Os actos continuarán o xoves 24, día no que ás 18.30 se inaugurará a exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20.00h na carpa da Sala Bahía estrearase o documental conmemorativo deste 40 aniversario.
O venres 25, será a quenda para o pregón ás 20h que darán os Pé do Molete e á súa finalización Dani Irimia levará a batuta das coplas, tamén na carpa da Sala Bahía para mellorar o aforo.
O gran día do Entroido focego chegará o sábado 26 no que o desfile dará o seu comezo ás 17.00h da explanada portuaria, na que este ano se situará un graderío de 1000 asentos que axudará a repartir o público de forma máis ordenada. Este graderío contará coa animación de Isi (coñecido cómico da TVG) e outras caras coñecidas de Foz, que presentarán aos grupos. O desfile contará con máis de 7000 euros en premios.
O domingo e o martes serán días adicados aos nenos, e haberá xogos e inchables na carpa da Sala Bahía.
O venres 4 será a queima do entroido, que dará saída do Campo da Cabana ás 22.00h e finalizará na explanada portuaria.
A comisión e concello atópanse revisando a organización doutros eventos que se confirmarán nos próximos días, incluida a apertura do prazo de inscrición no desfile e a adquisición das entradas para desfrutar do desfile nas butacas.
“Esperamos que este sexa o primeiro paso na recuperación das nosas vidas prepandemia, mais conservamos as medidas de precaución necesarias para o bo funcionamento dos eventos, coma a máscara en todos eles” indica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Dende a comisión, Ángel Fernández, recorda que “é responsabilidade de todos que os eventos se desenvolvan con normalidade e seguridade”.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “poñeremos todo da nosa parte para que a xente poda desfrutar do entroido con seguridade, e pedimos a colaboración de todos no cumprimento das medidas”.
Nos vindeiros días publicarase a programación completa do Entroido de Foz 2022.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



