A Fonsagrada, 5 de febreiro de 2022. O Grupo Municipal do PP de A Fonsagrada manifesta que “está completamente a favor” de dotar ao municipio dun polígono industrial e defende que “é totalmente necesario”. Aclarada esta cuestión, o voceiro popular, José Regueiro, destaca que ao que se opoñen a súa formación é a xestión realizada polo actual alcalde coa Deputación, a través da que a entidade local ten que asumir o 20% do custo de urbanización, en contraposición, remarcan, “do que estaba acordado polo anterior goberno que era que o Concello non tiña que poñer nin un só euro”.
“O Partido Socialista quere sacalo adiante custe o que custe, incluso arruinando e lastrando a pouca capacidade económica do Concello”. Neste senso, Regueiro engade: “como ata o de agora non hai ningunha inversión feita, queren chegar ás eleccións municipais dicindo que fixeron algo, pero cun prezo elevadísimo para os fonsagradinos”.
Así se deduce da decisión do rexedor de asinar un convenio coa Deputación para o polígono industrial “que levará ao Concello de A Fonsagrada á ruína, endebedándoo durante 14 anos”.
Informe de ICOMOS
Regueiro tamén sinala que hai un informe do organismo ICOMOS que sostén que a rotonda de acceso ao polígono e a circunvalación prevista no PXOM poden danar seriamente o trazado do Camiño Primitivo. Polo tanto, avisa de que se podería perder a consideración do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade, o que sería gravísimo para os intereses dos fonsagradinos polo dano económico e social que provocaría.
Os populares queren que se cree unha urbanización para o polígono industrial e que se faga a correspondente promoción. Regueiro indica que o polígono debe ter boa conexión, parcelas pequenas que se poidan agregar e un prezo asumible polos posibles interesados. Regueiro sinala: “A Fonsagrada necesita o polígono e o Camiño Primitivo”. Avisa: “Dende o PP non consentiremos que por unha mala xestión nos endebedemos e lastremos ao Concello ou perdamos o gran valor que é o Camiño Primitivo”.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


