Foz, 8 de febreiro de 2022. A proxectada construción dunha central hidroeléctrica en O Valadouro, contrariamente ao que asegurou o alcalde de Foz, si afectará a este municipio. O grupo municipal do PP reclama a convocatoria urxente dunha reunión da xunta de portavoces, na que participen os técnicos municipais. O PP ve claro que o Concello ten que presentar alegacións a este proxecto e, de non facelo, o PP estudará facelo pola súa conta. Así o explica o portavoz dos populares no Concello, Javier Castiñeira: “Ante a pasividade do equipo de goberno do Concello de Foz, tanto do señor Cajoto como dos seus socios do BNG, con respecto á hidroeléctrica que hai proxectada no concello de O Valadouro, que captará a auga para encher os seus encoros do río Ouro, o PP entende que o asunto é grave e que o Concello ten que tomar decisións”. Os populares piden a convocatoria dunha xunta de voceiros na que participen os técnicos do Concello para analizar a afección directa desta obra sobre a captación para o abastecemento do municipio, un servicio básico do que se nutre a práctica totalidade do Concello de Foz”.
Castiñeira sinala: “Falamos de números moi grandes. Un exemplo déixao claro: o Concello ten unha concesión para captar auga no Ouro de 100 litros por segundo e agora a empresa hidroeléctrica solicita 450 litros por segundo, é dicir, 4,5 veces máis do que consume Foz durante todo o ano”. Engade: “Falamos de números moi grandes e está claro que non é como nos dixo o propio alcalde, que asegurou que este proxecto non afecta a Foz e que polo tanto non se ía mover”. Hai catro días, o socialista Fran Cajoto dixo que non presentaría alegacións porque a central hidroeléctrica estará noutro concello.
O portavoz popular está convencido de que a do alcalde “é unha posición absolutamente equivocada, coa que intenta protexer a posición dos alcaldes socialistas de O Valadouro e Alfoz”.
Castiñeira avisa: “O Concello de Foz xógase moito e pedimos unha xunta de voceiros urxente, cos técnicos municipais, para valorar o proxecto e a afección que ten sobre o río Ouro. Se o Concello de Foz non presenta alegacións e probable que o PP teña que facelo e non sería o normal; o normal é que as faga o Concello porque este proxecto afecta a un servizo básico como é o abastecemento de auga”.

















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.