Alfoz/O Valadouro, 9 febreiro de 2022. Os populares de Alfoz e de O Valadouro solicitan por escrito que sendos Concellos informen de como afectará aos veciños a proxectada hidroeléctrica. No primeiro caso, piden que esta información se faga pública través da convocatoria dun pleno extraordinario e, no segundo, nunha Xunta de Voceiros, logo de que o grupo Veciños Independentes de Alfoz (VIA) non aceptase asinar a petición para a celebración da sesión plenaria.
Os representantes da formación popular destes dous municipios continúan así a ofensiva iniciada estes días, pois insisten en que non se pode impulsar unha iniciativa como a indicada sen coñecer antes detalladamente o proxecto que está a tramitar o Ministerio de Transición e Reto Demográfico. Deste xeito, sinalan que “coa información que temos non podemos manifestarnos máis que en contra”.
Precisamente, esta desinformación está a xerar un gran malestar entre a poboación; de aí que dende o PP se dirixan aos respectivos alcaldes, defendendo, “unha vez máis”, información detallada respecto das previsións que manexa o departamento estatal para dita infraestrutura e de como afectará aos veciños.
Os populares de Alfoz e de O Valadouro agardan que os gobernos municipais destes dous concellos atendan as súas demandas, pois respostan, apuntan, “ao sentir da mioría dos residentes nestas dúas localidades”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



