Riotorto, 18 de febreiro de 2022. A Agrupación Socialista de Riotorto denuncia que o Concello non está prestando ningunha axuda social á familia a que se lle incendio a vivenda no lugar de Cachán, o pasado sábado dia 12 de febreiro, e onde vive unha muller encamada de avanzada idade xunto co seu fillo.
Dende a Agrupación Socialista de Riotorto puidemos comprobar que esta familia non está recibindo ningún tipo de asistencia por parte dos servicios sociais do Concello, tal e como anunciou o propio Alcalde, ao que lle gusta moito saír nos medios, pero despois rascamos e resulta que non hai absolutamente nada de nada sobre o que afirma. Ademais hai que puntualizar que a única asistencia coa que conta esta veciña, esta pagada do seu propio peto.
Por iso queremos emprazar ao Concello, da man dos servicios socias do Concello de Riotorto, para que priorice as demandas das persoas maiores da nosa vila, especialmente das persoas que teñen mobilidade reducida e non poden valerse por si mesmas, xa que precisan moita axuda e atención.
Dende o PSOE de Riotorto creemos que o coidado aos nosos maiores debe ser unha prioridade nas políticas do noso Concello, por iso vamos a seguir reclamando e insistindo para que se mellore a calidade de vida da nosa veciñanza.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



