A Fonsagrada/Pol, 8 de febreiro de 2022. O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, pechou este martes na Fonsagrada e Pol o seu ciclo de reunións coa militancia destas últimas semanas.
No marco da iniciativa Camiñamos Xuntos, o Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación de Lugo, reuniuse cos militantes de toda a provincia, co obxectivo de presentar o seu proxecto de cara ao Congreso Provincial, previsto para o 20 de febreiro.
Esta tarde o candidato estivo acompañado pola militancia da Fonsagrada, ademais dos militantes de Ribeira de Piquín, Baleira e Negueira de Muñiz. A continuación, Tomé Roca visitou á militancia de Pol, sumándose tamén os militantes de Castro de Rei, Meira, Riotorto e A Pastoriza.
Tal e como presentou nos diferentes municipios lucenses, Tomé Roca insistiu na “importancia dun proxecto que se sustente nas bases do partido”. O socialista explicou que a iniciativa “Camiñamos Xuntos” persegue precisamente “contar con todos os militantes, explicarlles o meu proxecto e escoitar as súas inquedanzas, de cara ao Congreso Provincial”.
Neste sentido, Tomé Roca incidiu unha vez máis en “ensanchar as bases do partido se queremos ser determinantes como forza política”. O socialista lembrou que o PSdeG goberna para “o 65% da poboación lucense, unha maioría que se queremos consolidar e sobre todo ampliar, deberemos traballar como un partido unido”.
Nestas últimas semanas, a militancia socialista puido intercambiar opinións co candidato, grazas á iniciativa Camiñamos Xuntos. “Os Congresos a nivel de partido deben servirnos para escoitarnos entre nós, polo que aínda que non haxa votacións, quero coñecer a opinión da militancia”, sinala.
Deste modo, Tomé Roca puxo fin en Pol e A Fonsagrada a un percorrido que lle permitiu organizar reunións en Chantada, Monforte de Lemos, Cervo, Ribadeo, Foz, Viveiro, Lugo, Becerreá e Sarria, nas que se invitou á militancia dos municipios da contorna.






















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



