Lugo, 8 de marzo de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, convocou para este martes unha Xunta de Voceiros e Voceiras co fin de propoñer o consenso entre os tres grupos políticos representados na Corporación provincial dunha Declaración Institucional de condena á agresión que está cometendo Rusia contra Ucraína.
Da xuntanza saíu un acordo unánime de PSdeG, BNG e PPdeG condenando a invasión de Ucraína por parte das tropas rusas, ademais de expresar a total solidariedade da Deputación co pobo ucraíno, reclamar o alto ao fogo inmediato e a volta á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas e alcanzar acordos de paz, e ratificar a plena dispoñibilidade da institución provincial de axudar a paliar a crise humanitaria a través dos cauces establecidos polo Goberno de España.
Ademais, este mércores a institución provincial sumarase, ás 12:00 horas, ante o Pazo de San Marcos, á convocatoria de cinco minutos de silencio realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
A Deputación Provincial de Lugo manifesta a súa firme e rotunda condena á agresión que está cometendo Rusia contra a República Popular de Ucraína coa brutal invasión do territorio dun país que é soberano, e expresa a súa total solidariedade co pobo ucraíno. Como defensores dos dereitos e das liberdades das persoas non podemos tolerar ningunha acción que socave ditos cimentos humanos.
Así mesmo, a institución provincial reclama o alto ao fogo inmediato, a retirada das tropas rusas do territorio de Ucraína e o retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas e acadar acordos de paz duradeiros, sempre no marco do respecto ao Dereito Internacional, aos Dereitos Humanos, aos acordos de Minsk e ás resolucións da ONU.
A Deputación de Lugo ratifica a súa plena dispoñibilidade para axudar e colaborar, dentro das nosas posibilidades, a través dos cauces establecidos polo Goberno de España, naquelas medidas que poidan contribuír a paliar o sufrimento do pobo ucraíno e que procuren a protección e o benestar das persoas que foxen do conflito para salvar a vida.
As guerras son unha traxedia e un retroceso da civilización. Unha volta a tempos escuros que Europa debería desterrar para sempre. Non hai nada que xustifique as vítimas mortais e o cruel sufrimento dos superviventes, que marcará o resto das súas vidas. Os devastadores efectos desestruturan a sociedade moito máis aló do conflito bélico. Danos irreparables que se agravan cada minuto que pasa.
A Deputación de Lugo, como administración local, a máis próxima sempre á cidadanía, está pendente do que está a vivir o pobo ucraíno, con gran preocupación e pesar, e, ao mesmo tempo, amosa o seu orgullo pola resposta solidaria que están dando os veciños e veciñas da provincia ante esta catástrofe.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



