Lugo, 3 de marzo de 2022. “Con Feijóo España gaña, Galicia gaña e Lugo gaña”. Con esta mensaxe a presidenta provincial, Elena Candia, ratificou na Xunta Directiva Provincial, na que tamén participou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o apoio da formación luguesa á candidatura que encabeza o líder popular. Deste xeito, Candia amosouse convencida de que o candidato á presidencia do PP nacional “é a mellor alternativa a un goberno que o único que fixo polos lucenses foi destruír emprego e a industria, e abandonar as infraestruturas”.
A dirixente lucense aproveitou o encontro para poñer en valor “o traballo e a xestión extraordinaria” do candidato. “Sen dúbida, concorre a este proceso cos mellores avais que pode ter un político: compromiso, entrega, dedicación e saber priorizar o gasto útil”, afirmou.
Elena Candia indicou así que “nesta provincia, Feijóo ten un aliado incondicional”. “Nunca lle fallamos e desta volta tampouco o faremos”. A renglón seguido, desexoulle os mellores do éxitos e destacou que decidise dar un paso á fronte “nun momento, dixo, complicado, ao abeiro dos últimos acontecementos, pero no que o PP é máis necesario ca nunca”.
A partir da convocatoria do Congreso, os afiliados teñen 15 días para inscribirse e participar en todo o proceso electoral, que remata ás 14:00 horas do día 16 de marzo. Cada afiliado poderá presentarse como compromisario ata 5 días antes do día da votación. As asembleas para elixir tanto ao candidato como aos compromisarios celebraranse en toda España o día 21 de marzo. Á provincia de Lugo correspóndenlle 46 electos, máis 1 de Novas Xeracións. A este número hai que sumar os natos, é dicir, a propia presidenta, os deputados no Congreso e o senadores.
Día da Muller Traballadora
Previamente, a presidenta provincial, acompañada do secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, e da Comisión de Igualdade que preside Susana López Abella, presentaron os actos cos que o Partido Popular de Lugo conmemora o 8M. Baixo o título “Mulleres construíndo Lugo”, a formación luguesa reunirá este domingo, 6 de marzo, ás 11:30 horas, e no Hotel Méndez Núñez, a distintas mulleres da provincia que son un referente a nivel autonómico, e en distintos sectores, polo seu traballo e dedicación.
Así, a xornada será inaugurada polo secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado. Seguidamente, intervirán a vicesecretaria de Igualdade do PP de Galicia, Raquel Touriño, e a voceira de Igualdade no Parlamento de Galicia, Paula Prado.
Haberá unha mesa de diálogo, que estará moderada por Cristina Abades e Macamen López, concelleiras do grupo municipal de Lugo. Nela participarán: Leticia Martín, xogadora do Pescados Rubén FS; Azucena Mora, profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo; Lucía Pérez, cantante; Mónica Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia; e Ana García, gandeira de Vilaframil (Ribadeo). A clausura correrá a cargo da presidenta Elena Candia.
A dirixente lucense agradeceu a organización do encontro co que “homenaxeamos a todas esas mulleres das que obrigatoriamente nos temos que sentir moi orgullosos e orgullosas, pois co seu traballo e coa súa dedicación contribúen a facer unha sociedade mellor”.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



