Lugo, 21 de marzo de 2022. “Feijóo é o líder que necesitamos; é o líder que necesita España”. Así de contundente o afirmaba a presidenta provincial, Elena Candia, logo de participar no proceso de votación da candidatura do actual presidente da Xunta á presidencia do Partido Popular, xunto ao voceiro do Grupo Municipal de Lugo, Ramón Carballo, o vicesecretario de Participación, Jaime de Olano, concelleiros, deputados, senadores e centos de afiliados que ao longo deste luns depositan a súa papeleta nas urnas habilitadas na provincia.
Elena Candia manifestouse “optimista” con este proceso que, “non me cabe a menor dúbida, servirá para abrir unha nova etapa no Partido e en España”. Referíase así a dirixente provincial aos momentos máis complicados da formación e á grave crise que están atravesando sectores como o gandeiro ou o do transporte, que reclaman “a voces” unha baixada de prezos. “Hoxe, sen máis, estivemos en Burela coas confrarías de pescadores; outro gremio moi prexudicado pola inflación disparada e que o Goberno non é quen de atallar”.
“Esta situación non se pode soster. Temos un Goberno que é especialista en crear problemas, non en solucionalos. Por iso, estou convencida de que o Partido Popular, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza, é máis necesario ca nunca. Toda España está esperando a Feijóo. Creo que veñen bos tempos”, remarcou.
Pola súa banda, Ramón Carballo agradeceu a colaboración dos centos de lucenses que nesta xornada apoiaron masivamente a candidatura do candidato galego. “Respírase esperanza; respírase ilusión; respírase un cambio”. Por iso, engadiu, “creo que con Feijóo se abre un novo horizonte co que poder rescatar a tantos e tantos españois, galegos e lucenses das consecuencias de ter a Sánchez no Goberno, apoiado por uns socios que nunca é rendible telos como aliados”.
Compromisarios
A provincia de Lugo estará representada no 20 Congreso Nacional do PP, que se celebrará a primeira fin de semana de abril en Sevilla, con 55 compromisarios, ademais de pola dirección provincial e outros cargos orgánicos do Partido.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



