Lugo, 31 de marzo de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Cuartel da Garda Civil de Burela conta con unha nova oficina de atención ao cidadán, mellor preparada para dar atención ao público nestas dependencias da Benemérita. A subdelegada felicitouse porque, tal como sinalou, deste xeito a Compañía da Garda Civil de Burela, que está ao mando do capitán Carlos Fernández Ginzo, poderá prestar aínda mellor servizo á veciñanza da Mariña que precise dos seus servizo.
Rodríguez indicou que a nova oficina entrou en servizo esta semana, unha vez realizadas as obras de acondicionamento e rematada a instalación dos servizos e equipamentos necesarios para o seu funcionamento.
As obras, por un importe de 28.155 euros, permitiron crear unha oficina de 26 metros cadrados, que está situada no vestíbulo de entrada do cuartel, para atender aos cidadáns. Para habilitar a estancia aproveitouse un espazo ocupado anteriormente por unha escaleira de caracol que, ao ser eliminada, tamén facilitou a creación dun novo despacho no primeiro piso do inmoble.
O proxecto completouse coa construción dunha rampla para persoas con mobilidade reducida, un novo acceso desde o garaxe e acometéronse outras melloras no chan da planta baixa ou na ubicación da barreira que dá acceso ao portón do garaxe.
Pola súa parte, o subsector de Tráfico realizou outras melloras nas dependencias que ocupa no cuartel de Burela, neste caso as obras foron para a creación de baños para homes e para mulleres na primeira planta do edificio.
Estas reformas realízanse como paso previo a unha importante actuación nas instalacións da Garda Civil en Burela, anunciada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha recente visita ás dependencias da Compañía de Burela, consistente na mellora da súa eficiencia enerxética con fondos do Plan de Recuperación do Goberno.
Esta actuación inclúese nun plan que acometerá o Goberno en 16 equipamentos do Ministerio do Interior en Galicia co obxectivo de promover o aforro e a eficiencia enerxética. O investimento, de 21 millóns de euros, procede dos fondos do Plan de Recuperación , Transformación e Resiliencia.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



