Lugo, 27 de marzo de 2022. Este luns abriu o prazo para solicitar as bolsas para deportistas de modalidades individuais que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O pazo de solicitude das achegas, que oscilan entre os 300 e os 2500 euros, comeza este luns 28 de marzo e rematará o 8 de abril.
Segundo se detalla na convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia este sábado, convócanse un total de 185 bolsas, que teñen como obxectivo fomentar a participación continuada e progresiva dos deportistas lucenses de base nas distintas disciplinas, recoñecendo os seus logros e favorecendo o progreso na súa formación integración integral.
O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “coas axudas tratamos de contribuír a financiar os custos que lles supón a estes deportistas acudir ás probas e tamén incentivar e recompensar o seu esforzo por mellorar a nivel deportivo, especialmente nas etapas de iniciación, que son o principal obxectivo desta liña de apoio ao deporte” e explicou que “como vimos facendo habitualmente, para impulsar a igualdade no deporte, as bases recollen incentivos para a participación feminina”
Para poder optar aos premios é requisito indispensable ter residencia en calquera dos municipios da provincia de Lugo, e polo tanto, estar empadroado ou empadroada nalgún destes municipios dentro do prazo de
presentación de solicitudes. Ademais, as persoas solicitantes deben estar en posesión a ficha ou licenza federativa durante o ano 2021 e manter na data de presentación de solicitudes (ano 2022) a ficha ou licenza oficial na disciplina ou modalidade deportiva para a que se solicita o premio.
Resérvase expresamente unha porcentaxe mínima do 7% deses 185 premios para deportistas con capacidades diferentes, é dicir, un total de 13 premios que de non seren cubertos, pasarían automaticamente ao resto de
deportistas solicitantes.
As contías asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde os campionatos provinciais ata as olimpíadas, ao longo de 2021.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
