Santiago, 3 de marzo de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Pesca que coordine con todas as comunidades autónomas a simplificación dos procesos formativos e a homologación de titulacións do sector pesqueiro. “Queremos máis e mellores profesionais para a nosa frota pesqueira, simplificando a burocracia, facilitando a formación e mellorando os procesos de convalidación de títulos, sen restar un ápice ás esixencias de seguridade e capacitación”, manifestou o deputado popular José Manuel Balseiro.
Na súa intervención, Balseiro afirmou que “non é xusto nin razoable que un profesional do mar perda tampo e diñeiro en papeleo, cando hai demanda de emprego no sector e hai persoas cualificadas para desenvolver eses traballos”. “A administración debe ser rigorosa e garantir unha formación de calidade e suficiente, pero nunca debe actuar como un obstáculo”, apuntou.
“Hai profesionais enrolados nos buques de pesca que, pola súa experiencia e capacidade, sumándolle unha formación complementaria, poden asumir outras atribucións de maior complexidade a bordo, pero a dificultade nos procesos de homologación de títulos e a rigorosidade do actual sistema de formación náutico-pesqueira fan que desistan do intento”, lamentou
O deputado popular afirmou que “podemos mellorar todo ese proceso de acceso, obtención e homologación de titulacións náutico-pesqueiras facéndoo máis simple e garantindo en todo caso a seguridade dos profesionais do mar, de xeito que o persoal enrolado nos buques pesqueiros de navegación marítima teña as competencias e aptitudes necesarias para desempeñar con garantías as súas funcións”.
COMPETENCIA DO GOBERNO DE ESPAÑA
José Manuel Balseiro explicou que a administración competente para facer estas modificacións é o Goberno de España, tal e como se recolle na Lei de pesca marítima do Estado, que establece que o Ministerio de Pesca regulará as titulacións profesionais do sector.
Pola contra, salientou que “Galicia, no marco das súas competencias, sempre foi proactiva” e concretou que “na última década saíron dos centros de formación dependentes da Consellería do Mar arredor de 1.725 titulados profesionais en ensinanzas marítimo-pesqueiras, ao tempo que a ampliación da oferta formativa da Xunta propiciou que a media anual de matriculados medrase nun 60 por cento nos anos do Goberno de Feijóo”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



