Viveiro, 12 de marzo de 2022. As infraestruturas viarias constitúen unha peza fundamental para o desenvolvemento económico e social dos territorios aos que serven, e máis aínda se dan servizo a espazos de interese natural e turístico. Os concelleiros populares en Viveiro expoñen as deficiencias que presenta a estrada municipal que conduce dende Escourido a praia de Abrela (Vicedo), que na súa maior parte discorre por territorio de Viveiro, e piden ao goberno local que adopte as medidas oportunas para mellorala.
Os populares, por medio da concelleira Teresa Pérez Rodríguez, presentarán unha iniciativa no próximo pleno para que o Concello asuma a súa responsabilidade e interveña na citada estrada. Pérez sinala que “a zona da Abrela é moi transitada pola praia e a área de Fuciño do Porco; vai dende Escourido ata a praia, pero practicamente na súa totalidade é do Concello de Viveiro”.
A mesma concelleira indica que circular “por esta estrada entraña moito perigo, dado que é moi estreita”. Explica que hai tramos nos que resulta moi difícil que se crucen dos coches. Pérez resalta que por esta vía pasan varias liñas de autobuses, algunhas das cales fan servicio de transporte escolar. Sinala: “Indícannos que houbo máis dun accidente, con vehículos que acabaron las leiras próximas”. Os populares din que para os peóns é moi perigoso camiñar por esta estrada.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez insta ao goberno local a adoptar as medidas necesarias para mellorar esta vía, de maneira que reúna as condicións precisas para que sexa segura para o tráfico rodado e peonil.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



