Lugo, 27 de marzo de 2022. Os socialistas rexeitan a invasión de Ucraína e amosan o seu respaldo e solidariedade coas vítimas deste conflito bélico. Así o defenderá o Grupo Socialista na Deputación de Lugo, a través dunha moción, que será debatida no Pleno ordinario do vindeiro 29 de marzo.
“Os e as socialistas lucenses amosamos o noso rexeitamento absoluto á invasión de Ucraína perpetrada polas tropas rusas dende o día 24 de febreiro. A agresión militar de Rusia sobre un Estado soberano, membro da ONU, supón unha violación do Dereito Internacional, incumpre os acordos de Minsk que fixaron as fronteiras entre Rusia e Ucraína no ano 2014, e supón unha vulneración da soberanía e a integridade territorial dun Estado soberano e democrático”, sinalan dende o PSdeG.
O conflito bélico desencadeado pola agresión rusa está a xerar un drama humano
dunhas dimensións que Europa non coñecía dende o remate da Segunda Guerra
Mundial. O Grupo Provincial Socialista é plenamente consciente da resposta popular dos e das lucenses ante este conflito: rexeitamento da guerra e desexo de axudar a poboación civil. “Ó longo da nosa historia, os e as socialistas avogamos sempre pola resolución pacífica de conflitos a través do diálogo, pero tamén pola necesidade de sancionar o incumprimento do Dereito Internacional”, subliña o PSdeG.
Na iniciativa rexistrada, o PSdeG propón os seguintes acordos:
– Solicitar a fin das hostilidades e o retorno á vía da negociación e da diplomacia, reiterando a necesidade de cumprir cos Acordos de Minsk e co Dereito Internacional.
– Expresar a solidariedade coas vítimas deste conflito, dun xeito especial cos
menores, as mulleres e os anciáns, dando todo o noso apoio ás organizacións que traballan pola defensa e protección dos dereitos humanos.
– Amosar o respaldo ó Goberno de España e da Unión Europea reivindicando a
legalidade internacional e o restablecemento inmediato da paz, tendo como guía
nesta crise os principios e valores democráticos que compartimos con Europa.
– Expresar o máis firme compromiso coa defensa dos principios de democracia, o Estado de Dereito e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado de constitución da Alianza do Atlántico Norte e no de constitución da Unión Europea.
– Apoiar á Unión Europea para que se interpoñan as sancións precisas co fin de que se poña fin ó conflito ante estes feitos tan graves que ameazan a paz e as liberdades e dereitos fundamentais dos e das cidadáns ucraínas.
– Reclamar á Xunta un plan de choque para paliar o impacto económico da guerra
nas empresas e nas familias galegas.
– Que se comprometa a seguir empregando, na medida da súa capacidade orzamentaria, recursos propios para desenvolver medidas concretas de axuda destinadas a paliar a situación do pobo ucraíno.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



