Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo esta mañá unha reunión de traballo cos colectivos representantes dos pescadores recreativos galegos para darlles traslado da modificación na normativa que regula a práctica desta actividade en superficie nos peiraos autonómicos e que entrará en vigor proximamente.
A responsable do ente público trasladou ás directivas da Federación Galega de Pesca Responsable e Náutica de Recreo (Fedpemar), da Federación Galega de Pesca e Cásting e da Asociación Galega pola Defensa da Pesca Recreativa (Agadper) que os cambios abren a posibilidade de habilitar novos espazos establecendo horarios e tramos temporais para a pesca en superficie nos portos de titularidade autonómica.
Esta nova resolución recollerá modificacións introducidas atendendo ás alegacións e solicitudes recibidas neste sentido durante estes meses de vixencia da normativa, produto da súa aplicación práctica e da experiencia, tal e como se indicou desde o primeiro momento. Neste sentido, cómpre lembrar que o pasado verán Portos de Galicia aprobou a resolución que levantaba total ou parcialmente na maioría dos peiraos a prohibición da pesca recreativa en superficie -que estaba vixente desde os anos 70 en todos os portos- co obxectivo de dar garantías aos pescadores recreativos regularizando a actividade.
Tralo reporte recibido por parte dos afeccionados, colectivos e institucións ao respecto da posta en práctica da normativa, Portos de Galicia establecerá na nova resolución as condicións para habilitar máis espazos dentro do terreo portuario para esta actividade. Estas modificacións téñense establecido tras unha profunda análise da compatibilidade desta práctica coas actividades portuarias, sempre procurando previr posibles accidentes que, en ocasións, están vinculados a actividades non portuarias, e trala experiencia do desenvolvemento desta práctica nos últimos meses.
En total, en base ás 41 solicitudes recibidas das partes interesadas, Portos de Galicia propón ampliar as zonas autorizadas para a práctica da pesca recreativa ou os horarios en 29 portos. Destes, amplíanse os espazos permitidos, sen outros requisitos, en catro deles: Aguete, Combarro, Portocubelo e Ribeira.
A apertura das novas zonas nos 25 restantes queda condicionada á colaboración dos concellos para o auxilio e control desta actividade, estritamente de ocio veciñal e allea por completo á actividade portuaria. Nestas condicións atópanse os portos de A Pobra do Caramiñal, Aguiño, Bueu, Burela, Cabo de Cruz, Camariñas, Camelle, Cariño, Castiñeiras, Corrubedo, Escarabote, Fisterra, Malpica, Moaña, Muros, O Xufre, Palmeira, Portosín, Rianxo, Ribadeo, Sada, San Cibrao, Santa Cristina, Tragove e Viveiro.
Cobertura de seguro
Ademais da ampliación de zonas e horarios autorizados, a nova resolución recollerá outros cambios de carácter xeral. Neste sentido, contémplase expresamente a posibilidade de acompañamento de menores de 16 anos baixo a responsabilidade dun adulto e reducirase a distancia mínima entre pescadores, de 5 a 3 metros.
Entre outros cambios puntuais, modificarase tamén a redacción do apartado relativo á cobertura da póliza de seguros, co obxecto de clarificar este punto. Así, esixirase un seguro de responsabilidade civil para atender os danos ocasionados á Administración ou a terceiros, un seguro de accidentes propios e cobertura de falecemento. Estas coberturas atópanse xa recollidas na licencia federativa de pesca deportiva.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


