Burela, 8 de abril, 2022. Os Best!NFood, antigos Best Awards, son os únicos premios de márketing alimentario que se conceden en España e son convocados anualmente polas revistas IPMARK e DARetail e por Best Awards, da man da feira Alimentaria.
O xurado dos premios da publicidade alimentaria, integrado por 30 profesionais de primeiras marcas e axencias, concedeu á campaña “Amor al Mar” o bronce na categoría Best Brand Experience pola estratexia na que PESCADA D& BURELA levou ás aulas universitarias de Madrid con mensaxes en máis de 250 lousas, creando un novo soporte para chegar a un público moi concreto: os mozos.
Un audiovisual para dixital cunha versión actualizada do mítico tema do grupo Camela, “Cuando zarpa el amor”, e unha coreografía para TikTok da man de Paula@blondiemuser completaron esta acción recoñecida polos membros do xurado.
Este premio é o recoñecemento non só a unha acción concreta levada a cabo durante o ano 2021, senón tamén á traxectoria de comunicación lanzada desde a OPP-7 Burela para potenciar a marca “MERLUZA D& BURELA” situando a súa imaxe á altura do seu posicionamento real: Burela é a primeira lonxa de España en venda de pescada do pincho.
Ademais, esta de Merluza D& Burela é a única campaña premiada vinculada ao sector pesqueiro, na que se fomentan os valores de sustentabilidade (pescada do pincho, capturada unha a unha) e, sobre todo, o “Amor ao Mar” e o “Eu Como Peixe”. Compartindo escenario coa do porto de Burela destacaban outras grandes marcas anunciantes, como Coca-Cola e Johnnie Walker (pratas) ou Baileys e Domino´s Pizza (ouros).
Para o xerente da OPP-7, Sergio López, é “unha honra gozar destes premios desde unha entidade tan pequena como nós á beira de grandes multinacionais da alimentación e empresas do nivel dos outros finalistas. Ademais, o Brand Experience representa unha experiencia moito máis completa que unha simple campaña e valórase a conexión coas nosas audiencias a través da sustentabilidade, innovación, calidade e creatividade”.
A campaña foi desenvolta pola axencia galega BAP&Conde: “Estamos moi satisfeitos, trátase, ademais, dun premio que concede o sector da alimentación, o que para nós supón un dobre recoñecemento. En publicidade sempre é un agasallo promocionar produtos como Merluza D& Burela: bos e saudables. A campaña colouse nas aulas de universidades madrileñas para arrincar experiencias e desde o punto de vista creativo deunos moitas satisfaccións”.
A campaña da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.
Na edición de 2022, o palmarés está formado por 53 premios que foron entregados o pasado martes nunha gala no hotel Hyatt Regency Barcelona Tower, onde esta campaña de Merluza D& Burela foi recoñecida entre as mellores campañas do sector da alimentación en España.
*Ver vídeos campaña:
“MERLUZA A MERLUZA”: https://youtu.be/K-umuGkNGWg
“CUANDO ZARPA EL AMOR”: https://youtu.be/YlDu1UKiqF4























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



