A Pastoriza, 19 de abril de 2022. A Xunta de Galicia achegou nos tres últimos anos 950.600 euros a 11 concellos lucenses para a rehabilitación de 26 inmobles de titularidade municipal, a maioría antigas casas de mestres, para destinalos a alugueiro social coas características das vivendas de promoción pública.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe A Pastoriza para comprobar algunhas das obras realizadas neste período así como os inmobles que se recuperarán proximamente. Ao respecto, lembrou que está aberta unha nova edición destas axudas, que son de concorrencia non competitiva e contan cun orzamento de 630.000 euros para a anualidade 2022 e 1.470.000 euros para a anualidade 2023. O prazo de solicitudes remata o 1 de xuño polo que os concellos interesados aínda poden optar a estas subvencións.
No marco desta nova convocatoria, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de aprobar xa a concesión de 77.600 euros ao concello da Pastoriza para rehabilitar dúas vivendas no lugar da Grandela, en Reigosa. Ademais, no ano 2020 sumáronse cinco vivendas para alugueiro no municipio tras a reforma das antigas escolas unitarias de Bretoña, Crecente e Álvare, cun investimento da Xunta de 184.000 euros.
Ademais das actuacións no concello da Pastoriza, cómpre lembrar que no marco da convocatoria do ano 2020 tamén se incorporaron á oferta de alugueiro dúas casas en Trabada, e unha en Baralla, Begonte Sober e Mondoñedo respectivamente. No tocante á pasada convocatoria, para proxectos que aínda poden rematar neste ano, outorgáronse axudas para cinco vivendas en Sarria, dúas en Paradela e A Fonsagrada, e unha en Alfoz, Mondoñedo, O Corgo e Sober.
Arias explicou que o obxectivo da Consellería é facilitar aos concellos a creación dun parque público municipal de vivenda en alugueiro para rendas baixas. Estes incentivos están dirixidos aos concellos con menos de 20.000 habitantes e poden acadar ata o 90% do orzamento protexido das obras, cun máximo xeral de 40.000 euros por vivenda rehabilitada, ou de 48.000 euros, no caso de que estean situadas no ámbito histórico ou dos Camiños de Santiago. No suposto de que a edificación que se vaia rehabilitar estivese situada nun ámbito declarado área Rexurbe, as citadas cantidades incrementaranse en 2.000 euros por vivenda
O delegado subliñou que, deste xeito, “evítanse custos que serían excesivamente gravosos para os concellos de menor tamaño”. O reto é dobre, apuntou, “por unha banda, facilitar unha vivenda ás persoas que a necesitan, e por outra, promover a recuperación dos pequenos núcleos nos que quedaron abandonados edificios como as escolas unitarias e as casas dos mestres”.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



