Barreiros, 22 de abril de 2022. O Concello de Barreiros acaba de redefinir a antiga ruta da Lagoa dos Patos. Para isto modificouse o seu trazado facéndoa pasar por máis puntos de interese turístico, a maior parte deles de carácter cultural. Así, a ruta da Lagoa dos Patos pasa a chamarse “Ruta Lagoa de Pallares” e ten o seu punto de inicio no aparcamento do campo de fútbol do Cascabeiro onde atoparemos o panel de inicio coa información básica do sendeiro.
O novo trazado, de dificultade moderada, tamén é circular e conta cunha distancia de 5,5Km máis desvíos a puntos de interese, podendo facela a pé ou en bicicleta.
A súa sinalización, con marcas brancas e azuis, está preparada para facer o percorrido nun só sentido. Partindo do punto de inicio, dirixímonos cara ao cruceiro de Viladaíde, onde nos desviamos á esquerda. A partir de aí comeza un descenso suave cara a contorna da ría de Foz-Masma que conta con diversos puntos desde onde obteremos unhas fermosas vistas á mesma podendo prestar atención á flora e fauna propia desta contorna natural declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Conservación (ZEC) entre outras figuras de protección ambiental.
Así mesmo, na contorna deste esteiro, descubriremos a pequena Lagoa de Pallares, que lle dá nome ao roteiro. Pasaremos por xunto a este recurso tanto á ida como á volta para, posteriormente, desviarnos cara os lugares de Vilar e A Áspera e adentrarnos así na parte máis vinculada ao patrimonio cultural de carácter etnográfico, relixioso e civil.
Ademais, os/as sendeiristas contan coas ferramentas dixitais Wikiloc (perfil “ConcellodeBarreiros”) e Google Maps para poder seguir o roteiro. Toda a información da ruta coma a descarga dun folleto dixital e do track en GPX, se atopan dispoñibles na sección de sendeirismo da web municipal www.concellodebarreiros.gal.
Aclaran que, aínda que están pendentes de recibir material complementario que axude a darlle visibilidade a esta ruta, a sinalización direccional xa está instalada e, polo tanto, xa se pode utilizar.
Dende o Concello agardan que tanto residentes coma visitantes gocen desta nova proposta que permite practicar deporte á vez que se visibiliza e pon en valor o patrimonio natural e cultural da contorna.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



