Lugo, 26 de abril de 2022. O grupo provincial do PP vese outra vez na necesidade de intentar que a Deputación exprese o seu rexeitamento a unha iniciativa do Goberno central, en defensa dos intereses da provincia de Lugo. No pleno que este martes celebra a corporación provincial os populares defenderán unha moción para reclamar cambios nas previsións do Goberno en canto á supresión de paradas en liñas estatais de autobuses ao seu paso por Lugo. O portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, sinala: “Unha vez máis a provincia de Lugo, e, polo tanto, a gran maioría dos lucenses, son os prexudicados pola nefasta política do goberno socialista de Pedro Sánchez. Dicimos isto polo anteproxecto da Lei de Mobilidade Sostible, que inclúe un novo mapa de concesións de transporte público, que é moi prexudicial para a provincia de Lugo, porque suprime paradas en itinerarios importantes”.
Castiñeira destaca as previsións para suprimir paradas en itinerarios como é o da A-6: Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Tamén noutros itinerarios, nos que se suprimen paradas en Palas, Chantada, Quiroga e Monterroso. Sinala que estas supresións “prexudicarían a gran número de veciños da nosa provincia desas comarcas e da contorna, que terían dúas opcións, ou ben facer transbordos, o que suporía un claro retroceso, ou desprazarse trinta ou corenta quilómetros cara outras poboacións con máis habitantes”.
Os populares consideran que tales previsións “van totalmente en contra dos intereses da provincia de Lugo”. Destacan que “esta lei non ten en conta a mobilidade rural, non atende aos intereses do territorio e unicamente se rexe por criterios económicos, de rendibilidade ou por razóns que benefician ás grandes urbes ou ás zonas metropolitanas”.
Castiñeira avisa de que “o grupo provincial do PP defenderá sempre os intereses do medio rural, como vimos facendo; por iso, presentamos unha moción que debateremos hoxe e esperamos que sexa apoiada por todos os grupos”. Lembra que os populares “xa presentamos no seu momento alegacións a este anteproxecto de lei, porque ademais de prexudicar directamente aos veciños da provincia, tamén abre as portas para que se poida cobrar polo uso das autovías”. Ter que pagar por usar as autovías, “sería tremendamente malo para a provincia de Lugo, para o seu desenvolvemento económico, social e estrutural”. Suporía que “de novo o tecido económico lucense, os veciños de Lugo, pagarían dobremente estas infraestruturas; os veciños da provincia de Lugo volven ser os grandes prexudicados”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



