Santiago de Compostela, 27 Abril 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o último cara a cara no Parlamento co aínda presidente a Xunta para destacar que Galiza ten “fame de cambio”, un cambio real que o BNG aspira a liderar, ante un PP que xa representa o pasado e cun Feixóo que é “o primeiro en abandonar o barco”, deixando un País peor do que encontrou cando chegou á Presidencia fai trece anos.
Pontón, que interpelou ó xefe do Executivo pola crise de prezos, subliñou que “o cambio galego está en marcha porque Galiza ten fame de cambio, un cambio real que o BNG, con humildade pero con ambición, aspira a liderar para darlle un futuro mellor a xente deste País, porque Galiza merece algo mellor que un Goberno do PP que leva trece anos instalado no non, no non a todo o que supoña a defensa dos intereses dos galegos e das galegas. Son vostedes o partido do non”, sentenciou.
Como consecuencia, a herdanza que deixa Feixóo é unha Galiza máis pequena “con menos emprego, con menos industria, con menos sectores produtivos, con menos sanidade e servizos públicos, con menos xente moza, con menos igualdade. Son vostedes o partido do non e Galiza merece un goberno que lle diga si, si a unha mocidade con futuro, si a ciencia e a innovación, si á sanidade pública, si a unha vellez digna, si ós sectores produtivos, si a ciencia e a innovación, si á igualdade e ó feminismo, si a unha Galiza con futuro”, proclamou.
“O PP empeza a ser o pasado, aínda que non se dean conta señor Feixoo, é vostede é o primeiro e abandonar o barco”, declarou, convencida de que o futuro pasa polo BNG.
En realidade, recalcou Pontón, Galiza non leva tres meses cun presidente ausente, senón trece anos cun Goberno do PP supeditando ó centralismo e ós lobbies económicos. Por iso, argumentou, “veta unha baixada de impostos ás eléctricas que se están forrando mentres as familias, a clase traballadora e as empresas están afogadas pola factura da luz”, nun país onde os prezos están “descontrolados” por riba da media estatal pese a ter salarios e pensións máis baixos.
A única receita que ofrece Feixóo é a baixada de impostos que só beneficia a quen máis ten, mentres se debilita o público, como se cos impostos, -explicou-, non se sufragasen a sanidade, a educación, as infraestruturas ou os servizos sociais.
“Vostede baixoulle os impostos os que máis teñen si, pero tamén baixou o número de médicos e médicas, o número de profesores e profesoras, baixou o orzamento en atención primaria, baixou os recursos en ciencia en investigación, baixou servizos no medio rural e vai marchar sen construír nin unha soa residencia pública”, denunciou.
Baixar impostos é debilitar o público
“Non hai que baixarlle impostos ós que máis que teñen señor Feijóo, como fai vostede en Galiza, hai que tomar medidas para evitar o empobrecemento da clase traballadora e hai que tomar medidas de apoio os sectores produtivos máis afectados pola crise de prezos”, alegou, uns prezos disparados. En doce meses, a calefacción, a luz, a auga subiron un 68,3%; o aceite un 32%; produtos básico na cesta da compra de calquera familia como ovos, leite, carne ou peixe subiron máis dun 10%. “Que salarios aguantan isto? Xa lle digo que os dos traballadores e traballadoras, non”, espetou.
A líder do Bloque lembrou que os galegos e as galegas pagan os carburantes máis caros, pese a aguantar os custes ambientais de ter unha refinería na Coruña, e pagan a luz a un prezo insoportable, pese a ser ricos en electricidade e aguantar os custes ambientais de ter os ríos cheos de encoros e os montes con 4.000 muíños.
“Pero o goberno do PP veta a tarifa eléctrica galega e veta calquera subida de impostos ás eléctricas para que axuden a sufragar parte da crise, porque se están forrando con esta subida de prezos”, criticou.
Consciente de que está era á ultima sesión de control de Feixóo como presidente da Xunta, Pontón quixo trasladarlle o seu respecto institucional pois, máis aló das evidentes discrepancias políticas, “teño un profundo respecto polo meu País e polas súas institucións”, ao tempo que lle desexaba “todo o mellor” no persoal aínda que, ironizou, “comprenderá que non faga extensivo ese desexo ó ámbito político”.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



