Viveiro, 8 de abril, 2022. Dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, este ano volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.
Esta é xa a décima edición, que se viña realizando de xeito ininterrumpido ata a chegada da pandemia. Este ano retomámolas con máis ganas e ilusión ca nunca.
Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito.
O obxetivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva…. Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca.
As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia.
Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.
Horarios:
Luns 11, martes 12 e mércores 13 de Abril.- ás 18:00 horas
Xoves Santo, 14 de Abril.- ás 12:00 horas
Venres Santo, 15 de Abril.- 13:00 horas
Sábado de Gloria, 16 de Abril.- ás 17:30 horas
Domingo de Resurrección, 17 de Abril.- ás 13:00 horas
As visitas partirán tódolos días dende a Praza Maior, cada visita é distinta, ningún dia o percorrido é o mesmo, o que as fai moi amenas e interesantes. Os grupos están limitados a 35 persoas, e as reservas realízanse no 650506717.
Dende a Directiva da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro queremos agradecer a Suso Martinez que un ano máis acepte ser o guía destas visitas xa consolidadas no tempo e que tanto éxito acadan ano tras ano grazas ó seu bó facer.
E por outro lado, agradecer á Xunta de Cofradías a gran labor que levan a cabo ca organización e promoción da Semana Santa de Viveiro que tan importante é para todos o viveirenses, e a satisfacción que é para nos poder colaborar con eles na organización destas visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro.
APERTURA XOVES SANTO
Este ano, o comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo en horario de mañá, así se dicidiu pola maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas, que é o horario de festivos. Nestas datas de moita afluencia de xente á vila e dous días festivos consecutivos, o comercio abrirá para poder dar servizo comercial tanto á xente da vila como ós visitantes que se achegan estes días a Viveiro.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



