Ribadeo, 7 de abril de 2022. Estes días retomáronse as obras que o Concello de Ribadeo realiza na estrada de acceso desde Ove ata a LU-P-5207, que pasa polo tramo do antigo tren mineiro. Hoxe realízase o aglomerado en quente dese viario. Ata a zona se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil. Os traballos estiveron parados algúns días por mor da folga do transporte.
A edil de Obras contou que “nestes días retomáronse os traballos de mellora que o Concello de Ribadeo está a realizar no acceso desde a parroquia de Ove ata a estrada de Vilela e que pasa polo antigo tramo do tren mineiro. Retómanse logo dunhas semanas de non actividade debido ao paro rexistrado no sector do transporte. Concretamente hoxe estase a executar o aglomerado en quente do firme deste vial, que previsiblemente quedará rematado ao longo do día. Por este motivo quixemos achegarnos para comprobar in situ, xunto cos técnicos, como se están a desenvolver estes traballos de aglomerado neste tramo”.
Freire Rancaño explicou que “o que pretendemos con esta obra é fundamentalmente mellorar o pavimento deste tramo de viario urbano e con elo ofrecer unha mellor seguridade xa que é un acceso que se atopaba en moi mal estado porque, ademais de que non se acometera nel ningunha actuación de mellora desde hai moitos anos, tamén é un tramo que soporta un volume moi alto de tráfico porque dá acceso desde as parroquias ata o centro do pobo. Executamos ademais obras de fábrica como levantamento de tapas ou colocación dunha rigola para recoller auga de chuvia e quedará pendente a sinalización horizontal, que se realizará nos vindeiros días”.
A concelleira ribadense engadiu que “esta obra está sendo levada a cabo pola empresa Isidro Otero, que foi a adxudicataria a través dun proceso de licitación aberto e o orzamento ascende a 32.000 euros, que proceden de fondos propios do Concello”.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



