Ribadeo, 11 de maio, 2022. Este luns 9 de maio celebramos no IES Ribadeo Dionisio Gamallo o DÍA DE EUROPA. Unha data especial que une a case 500 millóns de cidadáns e cidadás con obxectivos e valores comúns. Hoxe máis que nunca faise necesaria una visión global da sociedade e un espertar social responsable e comprometido cos principios necesarios de futuro: paz, sostibilidade e democracia.
Ao longo de varias semanas desenvolvemos actividades, exposicións e charlas que buscan información sobre eses ámbitos e pretenden amosar camiños e perspectivas para o noso alumnado; unhas nas que eles son os protagonistas, e outras, nas que invitamos a diversas persoas que comparten con nos ese espírito de progreso e coñecemento.
A finais de abril estivo no centro Nicolás González Casares, eurodiputado, que aportou a súa experiencia e contou o seu día a día nos labores políticos que se desenvolven na UE. Visitamos o Concello para informarnos sobre o traballo desenvolvido con fondos Europeos, e sobre o que o alumnado está traballando no Proxecto TAEUS e do que farán exposición a finais de curso. O alumnado de 1º ESO, coordinados pola profesora de Bioloxía Mª Jesús Besteiro Cabanas, elaboraron un vídeo sobre o aspecto da Biodiversidade, un dos obxectivos do Pacto Verde Europeo, en colaboración con EUROPE DIRECT A CORUÑA, que aportou os paneis coa información básica e recursos de traballo deste documento que quere converterse na folla de ruta para facer sostible a economía da UE. As alumnas Lucía Coto, Marta Fernández e Daniela López, embaixadoras junior de 4º ESO, informaron ao alumnado de diversos grupos de 1º ESO sobre a Historia da UE, os símbolos que compartimos, e realizaron un cuestionario sobre os contidos aprendidos.
O luns 9 de maio durante o período de lecer escoitamos a interpretación do músico e director da Banda Municipal de Música de Ribadeo David Ballester do himno europeo, e inauguramos a exposición de “Letras para Europa”, unha colaboración entre as Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo de toda España. Xa pola tarde recibimos a visita de Iván Lombardero, xeólogo, activista ambiental, traballador no Sindicato Labrego Galego,… entre outras moitas facetas que ven desempeñando desde fai tempo con convicción e firmeza. Con convicción xa que o estudo e a dedicación ás ciencias ambientais proporciona un punto de partida e de análise da realidade obxectivo e fundamentado, e con firmeza xa que as consecuencias dos seus estudos marcan unha liña clara de coñecemento que comparte en cada unha das súas actividades. A súa charla versou sobre “Europa fronte ás crises climática e enerxética”, na que desenvolveu unha mirada crítica da sociedade actual desde as contendas mundiais, e os primeiros pasos da unidade europea, unha unidade de marcado signo económico que aínda hoxe mantén o seu poder e a súa impronta na creación dos camiños de futuro para todos os países que compoñen a Unión Europea e incluso do resto de países de influencia no mundo. Unha charla que marcará un punto de inflexión na forma de pensar os contidos de Historia e de Filosofía do noso alumnado, e que sen dúbida dará para comentar e continuar charlando noutras ocasións.
Quedan aínda actividades por facer e queda moito camiño por andar, pero queremos que toda a comunidade coñeza e comparta estes pasos firmes na defensa da paz, da convivencia e do coñecemento como alicerces da sociedade futura, unha sociedade que defendemos como inclusiva e democrática que logre garantir un progreso sostible.




















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



