Ribadeo, 25 de maio de 2022. O Concello pon en marcha a cuarta poxa para proceder á venda do inmoble de Francisco Moreda, o médico que decidiu deixar todos os seus bens, dereitos e accións ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro. Agora reduciuse o prezo de saída e publicouse o anuncio de licitación no perfil do contratante. O prazo para presentar ofertas en sobre pechado será de 45 días naturais. O prezo de saída da poxa á alza será de 151.228 euros.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “en cumprimento da vontade manifestada formalmente polo Sr. Francisco Moreda Pérez de deixar todos os seus bens, dereitos e accións ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, desde o Concello inventariamos, valoramos e fixemos todos os trámites conducentes a cumprir escrupulosamente a vontade desta persoa. Entre outras cousas, fixéronse nestes últimos tempos tres poxas públicas pola súa vivenda da Rúa Reinante, 20-2º e mais polo 50% do seu faiado neste mesmo edificio así como polo contido desta propiedade. A poxa, nos tres casos, quedou deserta”.
O rexedor contou que “desde o Concello, decidimos solicitar novas valoracións á Oficina Técnica Municipal á vista de que o prezo de saída anterior puidese estar por riba dos prezos de mercado nese momento. Con esta nova valoración, que reduce novamente o prezo de saída, decretouse unha cuarta poxa pública á alza. Para isto publicouse o anuncio de licitación no perfil de contratante na Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo para presentar ofertas en sobre pechado será de corenta e cinco días naturais”.
Suárez Barcia subliñou que “o prezo de saída da poxa á alza para a vivenda e 50% do faiado é de 131.859 euros e o prezo do contido ascende a 19.369 euros. Así pois, continente e contido, suman un total de 151.228 euros polos que os posibles interesados deberán puxar á alza. Débese ter en conta que o piso ten unha superficie de 244 m2 e o faiado de 102 m2”.
O alcalde engadiu que “no caso de chegar a bo fin con esta nova poxa, o diñeiro conseguido sumarase aos outros bens xa monetarizados e custodiados pola intervención municipal e cuxo destino único será a mellora e modernización do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, como era a vontade de Francisco Moreda Pérez”.












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



