Profesionais da sanidade e especialistas en saúde mental acompañaron á responsable comarcal da organización xuvenil Pilar Vázquez neste acto e denunciáronse as principais eivas neste ámbito
A Mariña, 13 de maio, 2022. Galiza Nova – A Mariña celebrou este venres no Hotel Nordés en Burela un acto sobre saúde mental, baixo o nome de “O custo de sobrevivir – A quebra da saúde mental”. “Un dos motivos polos que realizamos este acto de debate e de información é que para as mozas e mozos mariñaos a situación no ámbito da saúde mental é preocupante sobre todo tras a pandemia, cando o diagnóstico de enfermedades mentais na xente moza aumentou, polo que é necesario tamén que o cadro de psiquiatras de Saúde Mental na Mariña estea ao cen por cen” afirmou Pilar Vázquez, a responsable comarcal da organización xuvenil do BNG, quen afirmou tamén que “A Covid-19 colocou en primeiro plano a nosa saúde e reforzou as dinámicas alienantes e illadoras dun fallido Estado de Benestar relacionadas coas formas modernas de sufrimento psíquico na mocidade”. Neste acto estiveron tamén presentes, ademais da secretaria xeral de GN, Marta Gómez, a psicóloga e directora da UAD de Burela Conchi Abad, o psiquiatra Diego González Peña e a coordinadora da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Montserrat Porteiro.
A pandemia provocou distanciamento social, levando ao illamento e á soidade, e tamén a criminalización da mocidade
Para Galiza Nova, ademais de ter que asumir responsabilidades por enriba das nosas posibilidades, vendo como a pandemia aumentaba as desigualdades que xa existían, as limitacións sanitarias e as medidas de distanciamento social mudaron a nosa forma de relacionarnos, levando ao illamento en moitos casos e en consecuencia á soidade. Afirman tamén desde a organización xuvenil que “a mocidade sufrimos ademais unha brutal campaña de criminalización por parte dos grandes medios de comunicación e dos gobernos tanto do Estado como da Xunta, facendo que recaera sobre nós a culpa dos surtos e as vagas da covid-19”.
Deficiencias nun servizo que debe estar ao cen por cen
Analizáronse as principais eivas e carencias nos servizos de psicoloxía e psiquiatría na Mariña, entre os que destacan a ausencia do servizo de psiquiatría infantoxuvenil, polo que hai que desprazarse a Lugo para recibir esta atención. No equipo de saúde mental da Mariña hai unha dotacion de dous psicólogxs para unha poboación de 70.000 habitantes co cal non se cumpre a media estipulada a nivel estatal, pois por esa media habería que dispoñer de 4. O equipo da continuidade de cuidados en psiquiatría é tamén deficitario en persoal ao non dispoñer de psiquiatra a tempo completo. Todo esto provoca que haxa pacientes que tarden moito tempo en ser vistos, o que é moi grave nas doenzas de saúde mental.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



