Ribadeo, 11 de maio de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, valorou de xeito positivo a campaña de promoción realizada por Nutella na que aparece a praia das Catedrais xunto a outros enclaves senlleiros estatais, aínda que dirixiu un escrito á empresa solicitándolle que respecte o topónimo oficial deste areal. Suárez Barcia subliñou que ao cabo duns días no Concello recibiuse unha resposta satisfactoria a esta petición, polo que lles recoñece a rapidez e valora a sensibilidade coas normativas legais.
Suárez Barcia explicou que “vimos hai uns días esta campaña importante desta coñecida marca e valorámola positivamente, aínda que vimos con tristura que nela non respectaban a toponimia legal e oficial do nome da praia, polo que lles enviamos un escrito explicativo e solicitándolles amigablemente o importante de respectar os nomes de lugar na súa forma orixinal. Ao cabo duns días recibimos unha resposta satisfactoria da nosa petición. Queremos por iso, recoñecerlles a rápida resposta e valorarlles a sensibilidade coas normativas legais e de recoñecer que os nomes de lugar non se traducen, polo que As Catedrais son As Catedrais, aquí e na China Popular”.
O rexedor dixo: “estamos seguro de que estas campañas de comunicación para os seus produtos terán un notable éxito ilustradas con imaxes de espazos senlleiros e xa universalmente coñecidos como é o areal ribadense das Catedrais”.
E engadiu: “salientar tamén que dentro deste envase xigante deste produto viñan unha serie de bombóns e chocolates que lles agradecemos. O que fixemos con eles foi doalos ao Hospital-Asilo para que fagan bo uso del os usuarios do Centro, sempre que as súas condicións e saúde llelo permitan”.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



