A consideración de Galiza como Zona Altamente Dependente da Pesca ou a defensa da frota artesanal e o marisqueo, entre as achegas do Bloque
Santiago de Compostela, 24 maio 2022. A portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, debullou no Parlamento galego as achegas realizadas polo BNG ao ditame do Consello Galego de Pesca sobre a revisión da Política Pesqueira Común (PPC), pero advertiu á conselleira de Mar logo da súa comparecencia para dar conta do documento que este é “só unha parte dun camiño no que se leva anos poñéndolle obstáculos ao noso sector pesqueiro e que moito nos tememos que pouco vai variar”.
Logo de lembrar que o que pretende levar a cabo a Comisión Europea é unha “lixeira revisión” e non unha verdadeira reforma da PPC vixente dende 2014 que implicou enormes sacrificios e renuncias para o sector pesqueiro galego, Pérez reprochou á titular da consellería que “pasaron demasiados anos sen que a pesca galega fose suficientemente defendida nin polo Goberno español nin polo da Xunta, e aí vostedes teñen gran parte da responsabilidade”.
Así, considerou “incomprensíbel” que un País pesqueiro como Galiza non teña voz propia nas institucións nas que se debaten e se deciden as políticas para o sector e que estas non conten coa participación do Goberno galego. “E vostedes, nisto, teñen que recoñecer que non fixeron nin fan o suficiente”, reprochou, para engadir a continuación que, “é máis, nós, e tamén parte do sector, está hoxe convencido de que non teñen que os defenda, de que están ao albur das decisións que se toman a centos de quilómetros e sen coñecer polo miúdo a nosa realidade”. “O problema, señora conselleira, medra cando ademais de non haber unha defensa decidida da nosa pesca fóra, na UE e en Madrid, tampouco a hai aquí”, afondou.
Neste sentido, a deputada nacionalista recordou que o sector perdeu máis de 500 embarcacións nos últimos dez anos; que a afiliación á Seguridade Social no réxime da pesca e a acuicultura caeu preto dun 20% dende 2009, ano no que había 4.755 permisos de marisqueo, fronte aos menos de 3.700 cos que conta Galiza na actualidade, e que o Plan de Control de Vertidos de Augas de Galiza constata as constantes verteduras contaminantes ás rías galegas (249 en 2020 e 265 só ata setembro de 2021) sen que a Xunta sexa quen de articular políticas eficientes para protexelas.
A isto sumou a inacción e omisión do Executivo do PP á hora de impulsar a urxente remuda xeracional que precisa o sector -“cunha partida orzamentaria de 300.000 euros, que remuda imos facer?”, cuestionou con severidade- ou que leve 13 anos gobernando “e cero competencias conseguidas e agora queren abandeirar a defensa da cadea mar-industria a través de mesas de diálogo”. “Está moi ben, nós apoiámolo, pero o que nos preguntamos é por que non se constituíu a verdadeira mesa de diálogo, a da Comisión Mixta de Transferencias”, reprobou, para concluír a continuación que Galiza está a padecer agora “as consecuencias desa falta de autogoberno e desa falta de decisión política que tiveron durante anos”.
En todo caso, a portavoz nacionalista de Pesca recalcou a intención de “sumar” do BNG coas súas emendas ao ditame do Consello Galego de Pesca, como a revisión do concepto de Zona Altamente Dependente da Pesca, tendo en conta o importante peso social e pesqueiro en Galiza; a incorporación de novos criterios para definir a pesca artesanal e non só o dos metros de eslora que se utiliza na actualidade e que tanto prexudica á frota galega; a exclusión do sistema de TAC e cotas desta frota artesanal; ou, respecto ás exencións fiscais ao combustible pesqueiro, que a súa eliminación non debe levarse a cabo en ningún caso antes de que existan alternativas viables para a substitución dos combustibles fósiles actuais, emendas todas elas aceptadas.
De igual xeito, Pérez tamén amosou a satisfacción do Bloque pola incorporación das súas achegas sobre o desenvolvemento da acuicultura e a preponderancia dos usos da costa para a pesca artesanal, o marisqueo e a produción mexilloeira -aínda que considerou que o texto final non aposta ao 100% por este modelo- e as referidas á necesidade dun deseño acaído da PPC que reforce a cohesión económica, pero, sobre todo, a social, a innovación tecnolóxica e a mellora das condicións de traballo, tendo como obxectivo a soberanía alimentaria e, polo tanto, o abastecemento á poboación da proteína animal saudábel e de baixo impacto.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



