Xosé Luís Rivas afirmou que esta condición deixa fóra a 10 mil pequenas e medianas explotacións gandeiras de carne e representa “unha ofensa para o rural”
Santiago de Compostela, 25 de maio, 2022.- O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas preguntou ao titular de Medio Rural que vai facer o goberno ante a sentenza do TSXG que dá a razón ao sector gandeiro e recoñece “o dereito das persoas titulares de explotacións de vacún de menos de 10 unidades, que non sexan de autoconsumo e teñan declarados ingresos pola actividade, a ser beneficiarios das axudas reguladas na orde impugnada”.
O deputado do BNG lembrou que o 28 de outubro do 2020 publicouse a Orde pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión de Axudas Temporais e Excepcionais aos Sectores Agrarios máis desfavorecidos polos efectos da Covid 19.
Estas axudas, indicou o nacionalista, viñan cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Na orde, establecíase de “xeito arbitrario”, coma condición para o seu acceso que a explotacións tivesen “máis de 10 vacas nutrices”.
O deputado cualificou de “disparate” este requisito e unha “ofensa” para o sector que foi amplamente contestada desde o BNG a través de diversas iniciativas e preguntas ao goberno así como por diversas organizacións agrarias.
Este despropósito, recalcou o nacionalista, “bloqueaba o acceso ás axudas a máis de 10.000 pequenas explotacións galegas de carne”, máis da metade das que hai en activo.
Ao seu xuízo, a situación xerada resultaba “esperpéntica” porque negaba que existían as explotacións ou que xestionaban o territorio ademais de significar, na maioría dos casos, “un ingreso complementario para as familias” que manteñen a súa vivenda e actividade en zonas desfavorecidas en Galiza.
Fixeron vostedes, dixo, “mofa e escarnio” e unha evidente “afronta ao rural”. Foi un proceder “discriminador, arbitrario e incompresible” e contrario ás recomendacións de Europa.
Abandonen os “discursos baleiros e loas fáciles” sobre a necesaria protección e potenciación das pequenas explotacións familiares porque despois con feitos demostran todo o contrario.
Na súa intervención, Rivas lembrou que o Sindicato Labrego Galego acudiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que fallou a favor do sector polo que preguntou que vai facer agora Medio Rural ante a sentenza xudicial? Van a recorrela ou polo contrario van rectificar?.
Pola súa parte, o conselleiro de Medio Rural non se pronunciou sobre as cuestións formuladas polo nacionalista e respondeu co anuncio dunha campaña de 1,4M€ para poñer en valor a excelencia da carne de tenreira galega.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



