O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, déronlles os parabéns ao club e a todo o equipo e corpo técnico por esta xesta que foi materializada na Veiga ante o Muimenta
Cervo, 20 de maio de 2022.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, recibiron esta tarde na Casa do Concello ao equipo e corpo técnico do C.D. San Ciprián que volve a Primeira Galicia logo de “callar unha fase de ascenso case perfecta, na que apenas sufriron unha derrota, colleitando catro triunfos e un empate nos últimos cinco partidos”.
O rexedor e o edil quixeron felicitar a toda a familia do C.D. San Ciprián por esta xesta que materializaron no Campo da Veiga, vencendo ao Muimenta por 3 a 0 e fixéronlles entrega dunha figura de cerámica de Sargadelos como felicitación polo ascenso “desexándolles moita sorte na vindeira tempada” na que militarán nunha categoría que coñecen ben e que recuperan logo do descenso sufrido no 2019.
Villares e Rodríguez quixeron tamén aplaudir o gran traballo feito polo outro club local a S.D. Candelaria “que asinou unha tempada excepcional e que pelexou ata o último día por ese mesmo obxectivo, chegando a vencer na casa ante o Meira, no derradeiro partido; “todo un orgullo para o noso Concello”, precisaron.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


