Viveiro, 28 de maio de 2022. O Concello de Viveiro, en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos, que hoxe en día forman parte do dominio público marítimo terrestre, procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre.
Este trámite permite a declaración de innecesariedade previa á tramitación da desafectación e posterior cesión ao concello.
Unha vez finalizada esta tramitación de modificación da liña interior de ribeira de mar e de innecesariadade, podería levarse a cabo a desafectación e cesión ao Concello de Viveiro. Con este fin, o Concello de Viveiro levará ao próximo pleno a solicitude de desafectación.
Os terreos que se pretenden obter permitirán solventar diversas necesidades e levar a cabo actuacións de mellora mediante a reconstrución dalgunhas das rotondas existentes no municipio, como é a rotonda da Misericordia, na que é preciso realizar unha ampliación para facilitar o tránsito do vehículos pesados.
Tamén contémplase a mellora da imaxe medioambiental dalgunhas zonas, como é a explanada da zona dos edificios da Variante, que actualmente se atopa en mal estado e sobre a que non se podía actuar; e a dotación de zonas de estacionamento, así como a mellora de diversas zonas destinadas ao tránsito rodado ou a recuperación dunha parte do Parque Pernas Peón, que a día de hoxe é titularidade de Costas.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro espera que despois de todos os trámites previos realizados polo concello para chegar a este punto, por parte do Servizo Provincial de Costas se inicie o expediente que permita finalmente que o concello obteña estes terreos e poida dar solución ás problemáticas existentes.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



