Patricia Otero urxe á Xunta a paliar as “enormes carencias” en Atención Primaria nos centros de saúde da Mariña
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a iniciativa socialista para cubrir as prazas de medicina de familia, enfermaría e odontoloxía no Centro de Saúde de Foz. Ocorreu hoxe, na Comisión de Sanidade do Parlamento, onde o PSdeG defendeu unha iniciativa para incorporar persoal de diversas especialidades neste centro de saúde, cuxa votación se realizou por puntos e á que o PP se opuxo parcialmente.
“A Xunta fai oídos xordos e caso omiso ás demandas da veciñanza de Foz”, criticou a socialista, ao lamentar as “enormes carencias” en Atención Primaria que “se levan denunciando varios anos” en diversos concellos da Mariña, como Foz, A Pontenova, Ourol ou Viveiro. Así, lamentou a “inacción” do Executivo autonómico que continúa cunha “política errática en materia de persoal”.
Neste sentido, Otero censurou que “dende hai moito tempo” están sen cubrir dúas das oito prazas de medicina de familia que ten asignadas o centro, catro prazas de enfermería cuxos profesionais están de baixa e a praza de odontólogo, tamén de baixa, o que repercutiu de forma directa na calidade asistencial do centro.
UN CENTRO DE SAÚDE CON PEDIATRA A TEMPO PARCIAL E SEN MATRONA
Ademais, lamentou que “continúa sen cubrirse, despois de varios anos, a redución de xornada do pediatra”, tendo en conta que este servizo “presta atención non só aos nenos e nenas de Foz, senón tamén aos dos concellos de Alfoz e O Valadouro”.
Doutra banda, o centro “segue sen ter matrona”, xa que “o Sergas negase a crear esta praza”, sinalou, un servizo que atende a atención ao embarazo, parto e puerperio, pero tamén os supostos de atención precoz do cancro de cérvix, atención da saúde sexual e mesmo enfermidades “invisibilizadas e minusvaloradas” como a endometriose.
A todo isto hai que engadirlle, sinalou, “outros dous recortes por parte do Sergas cara á veciñanza da comarca da Mariña”, como foron a supresión do segundo técnico de Emerxencias Sanitarias da ambulancia medicalizada e a eliminación do servizo 24 horas da ambulancia asistencial con base en Foz, servizos “fundamentais” nunha comarca “tan extensa e dispersa”.
O PP VOTA EN CONTRA DE CATRO DOS CINCO PUNTOS DA PROPOSICIÓN NON DE LEI
Porén, máis alá de cubrir as prazas de medicina de familia, enfermaría e odontoloxía, a socialista urxiu ao Executivo autonómico que cubra a redución de xornada do pediatra, cre unha praza de matrona, recupere o servizo 24 horas de ambulancia asistencial con base no municipio e repoña o segundo técnico de emerxencias sanitarias da ambulancia medicalizada, pero o PP votou en contra de todas estas iniciativas.
“PÓÑANSE A TRABALLAR NA MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA”
“É de xustiza e algo polo que debe traballar a Xunta”, sentenciou a socialista, xa que “gozamos de excelentes profesionais, pero non dunha boa política sanitaria”. “Deixen de botar balóns fóra e póñanse dunha vez a traballar na mellora da atención primaria”, concluíu, xa que “o Sergas non está a cumprir”.
TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Cubrir as prazas de medicina de familia, enfermaría e odontoloxía do centro de saúde de Foz para que teña a capacidade asistencial que ten asignada
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



