O voceiro popular explica que “foi o BNG a formación que apoiou o taxazo do goberno do señor Llano que grava a tódolos veciños e se opuxo á ambiciosa rebaixa fiscal proposta polo PP”
Burela, a 26 de maio de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela levará ao vindeiro pleno ordinario, atendendo a un compromiso adquirido pola ACIA, as propostas trasladadas pola asociación para que “as súas xustas reivindicacións sexan expostas e tratadas de forma literal e sen ningún tipo de malentendido no pleno. Deste xeito, quedará reflectido na acta oficial o resultado das deliberacións” e, ademais, “os seus acordos son vinculantes; a pesar de que o señor Llano e o seu goberno non son moi dados a cumprir”, explica o voceiro, Manuel Rouco.
O popular defende que “se houbo algunha formación que estivo a carón da ACIA de Burela con propostas concretas foi o Grupo Municipal Popular”. Nese sentido, manifesta sobre as declaracións da formación nacionalista trala xunta de voceiros que “sería un tanto cómico, se non fora pola seriedade do asunto, ver que agora o BNG trate liderar e apropiarse das iniciativas propostas pola ACIA de Burela e ás que eles se opuxeron dende o comezo deste mandato, tanto cos seus posicionamentos nos plenos coma nas súas declaracións públicas”.
O voceiro lembra que “era o BNG o que dicía que non había ningún problema co mercado de Burela na zona de Torrentes e que as protestas polo cambio de localización eran infundadas e dirixidas por unha formación política como se os comerciantes ambulantes, os comerciantes e a hostalería de Burela e o resto dos veciños non tivesen criterio propio”. Para Rouco, isto “demostra a falta de respecto que lle ten a todos eles”.
O Grupo Municipal Popular, pola súa banda, “foi sensible e estivo a carón do sentir maioritario dos comerciantes ambulantes, dos comerciantes e hostaleiros da nosa vila e do resto da veciñanza”.
O BNG non evitou o taxazo a tódolos veciños
Rouco non pode entender que “o BNG veña agora a intentar capitanear a non subida de taxas que solicita a ACIA de Burela, cando foron eles os que apoiaron no pleno o taxazo do goberno socialista que grava agora a toda a veciñanza”. Ademais, “non apoiaron a proposta do Grupo Municipal Popular para unha ambiciosa rebaixa fiscal para intentar reactivar a economía e a actividade na nosa vila”.
“Parece un chiste que agora o BNG do señor Pillado, empregando un eufemismo, diga que a limpeza viaria que se está levando a cabo é francamente mellorable; tendo en conta que foron eles os que permitiron a adxudicación do contrato de recollida do lixo e limpeza viaria máis caro da historia de Burela, un 20% máis que o anterior”, explicou o voceiro. E isto a pesar de que a nosa formación advertiu dende o comezo que as teóricas melloras que se pretendían vender por parte do goberno do señor Llano coa suba do contrato eran irreais”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



