O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que o colapso da circulación prexudica aos residentes no casco urbano e aos visitantes
Foz, 26 de maio de 2022. É necesario mellorar as rúas e servizos, pero hai que facelo de maneira que as obras causen o menor número de molestias posible aos cidadáns. O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, sinala que “unha vez máis temos que denunciar a falta de xestión e a desorganización absoluta do equipo de goberno do Concello de Foz, do bipartito, que é o equipo de goberno máis amplo e máis caro da historia deste concello (10 concelleiros)”.
O caro que sae o goberno municipal aos veciños de Foz non redunda nunha mellor xestión. Castiñeira declara: “O claro exemplo é o caos circulatorio, de tráfico, que estamos a vivir no centro urbano. Despois de anos sen facer nin unha obra, e telas todas retrasadas, co Plan Único de 2020 e 2021 sen completar, o equipo de goberno fainas todas ao mesmo tempo; que haxa obras é importante, pero hai que tratar de organizalas”.
O portavoz popular constata que “hai rúas troncais, accesos importantes á vila, que levan cortadas semanas e incluso varios meses; un dos casos é a Rúa de Costa do Castro, ou rúa do cemiterio, que é un acceso dende Marzán ao núcleo urbano, e coincide coas obras na Rúa Constitución e na Rúa do Porto, que é un dos accesos ao porto de Foz”. Engade: “Moi cerca está cortada a Rúa Limoeiros, que leva meses en obras, que chegou a estar parada e leva un ritmo moi baixo”.
Os populares destacan que a zona do porto está bastante afectada no tráfico. Castiñeira indica: “Se a iso unimos que se poñen a facer obras novamente no saneamento de Porto Chico, que volven reiterar aí as obras, e que temos cortado o Paseo da Ribeira, entramos nese caos circulatorio que denuncian os veciños”. Avisa de que “a punto de entrar o mes de xuño, cando empeza a haber turistas no noso concello, se coincide que está pechada ao tráfico, os martes, polo mercado, a praza Conde Fontao estaremos a ver un verdadeiro caos circulatorio”.
O PP insta ao equipo de goberno a que se organice e a que trate de programar a execución das obras “e non facelas todas ao mesmo tempo, porque se está prexudicando aos veciños do centro urbano e a todos aqueles que nos visitan”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



