Ribadeo, 27 de maio de 2022. O ribadense Álvaro Martínez Fernández, 26 anos, enxeñeiro informático especializado en robótica participa no desenvolvemento de Ruralbotic, un proxecto educativo de robótica destinado aos mozos da España baleirada. Este mozo actualmente vive en Valencia, traballa nunha empresa de robótica e como freelance en distintos proxectos.
Álvaro Martínez concursou en todos os Desafios AstiChallenge (competición para desenvolver o talento STEM) gañando en todas as súas edicións. En 2021 sorprendeu ao xurado co seu robot por varios motivos, tiña unhas dimensións mínimas, sinxeleza no deseño, ampla versatilidade, excelente rendemento e custo reducido, facendo posible que se adaptase a moitas opcións.
Despois do concurso, Verónica Pascual Boé (presidenta da Fundación Asti) propúxolle a Álvaro un proxecto para a educación de robótica nos mozos da España baleirada. Así naceu Ruralbotic, que leva a cabo grazas á colaboración inestimable de Roberto Ranz (Fundación Asti), Javier Marín (Fundación A Caixa Castela e León) e Álvaro Martínez (Eo/tec).
Segundo explica o propio Álvaro Martínez “Ruralbotic es un proyecto motivado por las condiciones que tiene el robot que presenté en el torneo de robótica, se me propuso adaptarlo para que niños y niñas más pequeños puedan aprender robótica e incluso poder llegar a competir en el AstiChallenge del año siguiente”.
O enxeñeiro informático ribadense conta que “una vez que el objetivo del proyecto estaba claro había que centrarse en el cómo. Tras meses de trabajo desarrollé un kit de robótica a medida y un programa informático que permitirá a los alumnos poder programar por bloques este kit, que consta de un mando y un robot móvil. El mando tiene varios botones y sensores que servirán para que los niños empiecen a familiarizarse con la tecnología y den sus primeros pasos con la programación. Además, este mando servirá para mandar órdenes al robot móvil”.
O robot é unha adaptación do último presentado por Álvaro Martínez ao AstiChallenge. Leva tanto sensores de liña como de proximidade, que se necesitarán para poder completar as diferentes probas que se lle presentarán aos nenos e nenas.
Álvaro Martínez subliña que “el proyecto en su primer año ha llegado hasta 10 centros rurales agrupados de la provincia de Burgos, y ha sido utilizado por alrededor de 150 alumnos. Para que esto fuese posible el programa se dividió en 3 etapas. En la primera, se les presentó el kit a los profesores de los diferentes centros que iban a impartir la asignatura en su colegio. Se les impartieron clases presenciales y online donde se les enseñó cómo se utilizaba el mando y el robot. También se les dio la planificación de ejercicios para que sus alumnos fueran aprendiendo poco a poco. Una vez los profesores estuviesen familiarizados con el kit, deberían enseñarle a los alumnos a partir de los ejercicios que ellos habían hecho anteriormente. La última etapa estaba centrada en una competición entre los diferentes colegios que participaron en el programa. Se enfrentaron a 3 pruebas diferentes: seguir una línea, dirigir el robot por un circuito y hacer una figura en el suelo. Para ello los equipos tuvieron un mes para preparar las pruebas”.
O pasado 7 de maio tivo lugar no Museo da Evolución Humana de Burgos o AstiChallenge 2022 e paralelamente desenvolveuse a competición do programa Ruralbotic, tendo como protagonistas ao redor de 120 nenos de 10 centros diferentes formando un total de 19 equipos que competiron co Kit desenvolvido por Álvaro Martínez en igualdade de condicións e onde cada equipo desenvolvo todos os coñecementos adquiridos.
Para o ribadense Álvaro Martínez “fue una experiencia espectacular, ver como chavales de hasta 12 años competían y luchaban por superar constantemente los objetivos, esto nos demuestra que el proyecto es un gran acierto y una gran oportunidad para todos los niños y jóvenes que no tienen acceso a ese tipo de conocimientos”.
Unha vez superado a proba piloto con total éxito, o equipo de Ruralbotic (Fundación Asti, Fundación A Caixa e Álvaro Martínez-Eo/tec) busca expandir este programa a 3 provincias castelás máis e poder chegar a máis de 250 nenos neste segundo ano.
Aínda que este proxecto empezase na provincia de Burgos, Álvaro Martínez deixou claro que quere levar este tipo de programas (tanto para colexios como para institutos) ata Ribadeo, o seu pobo natal, e os municipios de ao redor.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



