As persoas interesadas en acudir poden inscribirse chamando ao teléfono 699925296.

As persoas interesadas en acudir poden inscribirse chamando ao teléfono 699925296.
Primeiro Premio: Fernando Fra Rico, San Ciprián (Cervo), coa fotografía titulada "O Camiño das Estrelas" (55 puntos). Segundo Premio: María Fernández Cabaleiro, Xixón (Asturias) , coa fotografía titulada "Triste Legado" (54 puntos). Premio Top Cervo: Fernando Fra Rico, San Cibrao (Cervo), coa fotografía titulada "O Camiño dás Estrelas" (55 puntos), ao ser a fotografía do Concello de Cervo con maior puntuación. En total, foron 41 as instantáneas que participaron neste concurso convocado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
Realizaranse na Praza Maior onde se fai a Bendición do Santísimo a todos os presentes; na Igrexa de Santa Maria, de onde parte a Procesión; na Igrexa de San Francisco, onde se entra como parte do percorrido procesional. Convídase a todos os voluntarios que queiran colaborar, cortando o verde no taller previsto na Casa dos Mestres, é moi importante que se sumen a esta tarefa pois fai falta man de obra, o horario é das 16h en diante. Tamén poden axudar levando a súa e cortándoa en casa. E por suposto para elaborar os deseños feitos con sal tinguido, as flores etc. que será o sábado día 10, a partir das 20h. De antemán, a Irmandade da Santa Cruz dá as grazas a todos os que fan posible coa súa axuda o seguir con este labor que se vén realizando desde hai 20 anos.
O Concello de Ribadeo sumouse á convocatoria realizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. As súas representantes deron lectura a un comunicado. Tamén desplegaron unha pancarta na que se podía ler: "Defendamos a igualdade. Fronte á violencia machista, loita feminista".
Saiuse á praia co alumnado do CEIP Península da Paz, e realizouse unha limpeza da Caosa, unha iniciativa de concienciación sobre a importancia de manter os nosos espazos naturais libres de refugallos, tal e como sinalou a edil de Medio Ambiente en funcións, Mali Méndez, que coordinou a actividade didáctica.
Unha colisión frontal entre dous vehículos saldouse con tres persoas feridas, entre elas unha muller embarazada. O accidente produciuse á altura da parroquia de San Miguel de Negradas, ás 17:30 horas deste domingo. A partir de aí, desde o 112 Galicia, tras recibir o aviso a través dunha persoa particular, púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil do Vicedo.
A presentación estivo moi concorrida estando presentes entre o público familiares, que agradeceron o recoñecemento á figura do escultor. Asistiron o Presidente da Xunta de Confrarías José Veiga e o Vicepresidente José Luis Couceiro. Interviñeron en mesa o Director do Museo, o autor e o Presidente da Xunta de Confrarías.
O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e despois de que lles impuxeran o birrete entregáronlles diploma e orla para rematar cantando unha canción. As súas titoras e titor -Judit, Mar e Jacob- destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital