Lugo, 4 de maio de 2022. A política de persoal e emerxencias que desenvolve o goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, entra de cheo no terreo da demagoxia. Así o sinala o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que di: “Asistimos perplexos ao espectáculo demagóxico do presidente Tomé respecto á situación das emerxencias na provincia”. Ao fío da reunión de Tomé cos presidentes socialistas das deputacións de A Coruña e Pontevedra, Castiñeira ve “un Tomé contraditorio, que pide que o cadro de persoal de bombeiros do Consorcio, do que el é presidente, pase a ser 100% da Administración, mentres que ten a máis de 20 traballadores da antiga Suplusa subrogados en Tragsa, cun acordo, un proceso, que os propios traballadores teñen no xulgado”.
O portavoz popular indica: “O señor Tomé xa non engana máis que así mesmo. A súa política laboral é a política do amiguismo. É o presidente que cualificou despectivamente o teletraballo no covid como televacacións; é o presidente das subvencións á carta ao sindicato que dirixe o seu irmán; o presidente que dirixe o Consorcio de Bombeiros que sigue perdendo sentenzas por denuncias dos mesmos bombeiros que agora pretende adular; é o presidente que fala das emerxencias pero que non quixo ampliar e mellorar as condicións dos GES da provincia, como lle ofreceu a Xunta de Galicia a finais do ano pasado. É cómplice de que alcaldes socialistas renunciaran ao grupo de emerxencias supramunicipal, como Fonsagrada e Guitiriz”.
Castiñeira indica a Tomé: “Deixe de usar a Deputación como arma de enfrontamento contra a Xunta de Galicia; se quere dar leccións que sexa co exemplo propio e non con noticias cheas de hipocrisía e pouca autocrítica”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



