Lugo, 24 de xuño de 2022.- O documental “Welcome to ma maison”, da produtora meirega Gaitafilmes, proxectarase durante este mes de xuño en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.
Trátase do cuarto filme proxectado neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito finalistas dos Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.
O director Andrés Goteira e a produtora Laura Doval achegáronse esta tarde ao Pazo de San Marcos para presentar as proxeccións, que comezan este sábado na Unión, en Sarria, coa colaboración do cineclube Leslie Nielsen, e que valoraron como unha iniciativa moi interesante “para colaborar na difusión de producións en galego, especialmente documentais, que teñen difícil cabida nos circuítos comerciais”.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “coa proxección dos filmes nas diferentes comarcas apoiamos a difusión do cine galego entre a veciñanza, tratando de fidelizar público e xenerar unha demanda de audiovisual en galego que teña eco tamén nos circuítos comerciais” .
Ademais das cinco localidades da provincia, a través do Ciclo Mestre Mateo, o documental chegará a outros quince vilas de todo o país e a oito centros galegos do exterior.
“Welcome to ma maison”
Dirixido por Andrés Goteira, despois do éxito colleitado pola súa ópera prima Dhogs, o documental é unha viaxe real e ficcionada do actor Igor Fernández, quen, despois dunha crise, decide abandoar a interpretación para dedicarse á investigación cinematográfica. O seu proxecto de estudo da linguaxe das mans na filmografía de Nicolas Winding Refn, lévao a intentar coñecer en persoa ao cineasta danés, para poder escribir o capítulo final da súa investigación.
A película, producida por Gaitafilmes en colaboración con Mordisco Films, parte dun guión co-escrito por Igor Fernández e Andrés Goteira, quen tamén foi responsable da montaxe. A dirección de fotografía correu a cargo de Lucía C. Pan. Estreada na 59ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixión, Welcome to ma maison tamén pasou por festivais como Play Doc e foi finalista na categoría de Mellor Documental nos XX Mestre Mateo.
Proxeccións
Vilalba – Sábado, 25 de xuño. Auditorio Municipal. 20.00 horas. Colaboran Instituto de Estudos Chairegos e Concello de Vilalba
A Pobra do Brollón – Sábado, 25 de xuño. Casa da Cultura Olga Novo. 20:00 horas. Colabora Concello da Pobra do Brollón.
Foz – Sábado, 25 de xuño. Casa da Cultura. (Hora por fixar). Colabora Concello de Foz.
Chantada – Sábado, 25 de xuño. Auditorio Municipal. 20.00 horas. Colaboran Airoá Comunicación e Concello de Chantada.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.