Foz, 24 de xuño, 2022. Hai mais de 40 anos, en 1981, o Consello de Europa declarou o dereito á autodeterminación sexual dxs persoxs. Porén anos despois, investigacións, enquisas, informes e realidade demostran que a discriminación e os discursos de odio contra as persoas LGBTI e os delitos de odio motivados pola LGBTIfobia están en aumento en toda a UE e representan unha grave ameaza para o respecto dos dereitos fundamentais na UE.
No día internacional do orgullo LGTBIQ+ o 28 de xuño, xentes lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais, así como todos xs persoas e entidades que defenden os dereitos humanos, celebran todas os avances no recoñecemento dos seus dereitos, e dende o BNG de Foz reivindicamos todo o que resta para acadar a plena igualdade no goce destes dereitos e mellorar os sistemas de garantía dos mesmos. As leis avanzan para recoñecer debidamente os dereitos fundamentais para a igualdade e o libre desenvolvemento da personalidade das persoas gais, lesbianas, bisexuais e transexuais. Sen embargo, diferente informes anuais (Amnistía Internacional ou Human Rights Watch), veñen de mostrar un estado lamentable dos dereitos das persoas LGTBIQ+ no mundo. Aínda que as institucións galegas, así como a meirande parte da sociedade, recoñeceron e asumiron o dereito á dignidade das persoas LGTBIQ+ e o que isto supón en materia de dereitos, cómpre poñer en marcha mecanismos eficaces para a súa garantía e sobre todo para a erradicación da LGTBIfobia, como demostra a pingueira de ataques a membros do colectivo, exclusivamente po la sua condición. Os Concellos como institucións mais próximas, temos tamén que estar áltura.
Como todolos anos, este 28 de xuño no BNG de Foz queremos recoñecer a loita inestimable de tantos colectivos e persoas LGTBIQ+ da nosa contorna e, así mesmo, queremos seguir instando a reiterar o compromiso político deste Concello cos dereitos das persoas LGTBIQ+, todolos días do ano.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



