Ribadeo, 17 de xuño, 2022. A actividade física e o deporte deberían acompañar todas as persoas ao longo da vida, non só polo seu compoñente socializador, senón tamén polo beneficio para a saúde e benestar corporal. Os poderes públicos deben promocionar e incentivar a práctica, non só a través dunhas boas intalacións, mais tamén organizando e facendo visíbeis os logros de determinadas persoas despois dun grande esforzo. Non se trata só de facer un recoñecimento público daquelas que lograron marcas ou clasificacións a un alto nivel; trátase tamén de recoñecer o esforzo de persoas e colectivos pola súa perseverancia, ás veces con grandes dificultades, e polo seu labor social.
Un capítulo á parte merece o deporte e a actividade física das mulleres. É evidente que, por moitas razóns, as mulleres participan menos no mundo deportivo. E tamén é evidente que, falando xa do deporte a un certo nivel, o seu esforzo e traballo é menos recoñecido o valorado que o dos homes. Tamén que os investimentos, en xeral, son maiores nos deportes nos que os homes son inmensa maioría. Cómpre ter isto sempre presente para non esquecermos que as mulleres teñen dereito, e precisan, do deporte e a actividade física.
Todo o anterior, porque estes días pasados puidemos admirar no parque de Ribadeo a exposición da Plataforma Vía Galega, GALIZA, UN POBO, UNHA SELECCIÓN, un percorrido visual pola nosa historia deportiva. O Concello de Ribadeo, xunto coa Deputación de Lugo, colaboraron con ela.
Resulta incríbel o grandísimo número de deportistas e equipos galegos que acadaron logros de marcas e clasificacións en torneos e competicións. E, nese sentido, as últimas olimpiadas foron galegas… Por que oficial e internacionalmente non podemos competir como galegas e galegos? Incluso neste campo, que ten unha dimensión simbólica de grupo, de procedencia, de identidade nacional, non podemos mostrar quen somos? Niso insiste esta exposición, e na constatación do anhelo sentido e mostrado polo Povo Galego de ter seleccións propias.
Ribadeo é terra de deportistas. Basta lembrar os logros constantes de persoas anónimas e doutras que xa son coñecidas publicamente en moitos deportes (remo, fútbol, ximnasia rítmica, atletismo…). Ese é o resultado da aposta polo deporte de base que tivo, e ten, o Equipo de Goberno do BNG durante varios mandatos. Todas esas persoas merecen recoñecimento; tamén institucional, como se ten feito desde o Concello de Ribadeo. E todas elas e eles merecen tamén o esforzo que o Concello e a sociedade fai para que a práctica do deporte sexa en condicións dignas.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



