O rexedor, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, visitaron aos/ás participantes e ao corpo técnico deste evento organizado pola asociación deportiva e cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, e que se prolongará durante toda esta semana
Cervo, 29 de xuño de 2022. O IV Campus de Basket Entrenós xa está en marcha en San Cibrao.
O evento deportivo organizado pola asociación deportiva e cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, reúne a medio cento de mozos e mozas e prolongarase durante toda a semana, desde o 26 ata o 2 de xullo.
O rexedor, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, visitaron aos/ás participantes e ao corpo técnico no Pavillón da Veiga que é o escenario principal no que se desenvolve o Campus, que é en réxime interno e está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O rexedor, Alfonso Villares, quixo felicitar a toda a familia Entrenós por sacar adiante unha nova edición en tempos nos que a oferta lúdica-deportiva se multiplica e convidou aos/ás participantes a que aproveiten ao máximo a experiencia, a que desfruten do basket, e tamén, no tempo libre, de todos os atractivos que ofrece o Concello de Cervo, e que están á súa disposición.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.


