Foz, 18 de xuño de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto Caserío; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e Ángel Fernández Neira, da comisión de festas O Noso Foz, presentaron o cartel das vindeiras festas do Carmen.
Os representantes do goberno municipal explican que “en Foz séguese traballando arreo para preparar todo para un verán que se espera intenso.
Ás múltiples actividades que se organizaron durante os dous últimos anos de pandemia, respectando as restricións, vanse sumando novos eventos e outros que volven ao calendario habitual do verán focego. Neste caso as Festas do Carme, que son un referente na vila mariñá e que axuntan sentimento, familia e as ganas de xuntarse e compartir. Este ano a comisión e o Concello queren render unha homenaxe ás redeiras, cun cartaz que amosa o seu traballo, silencioso e indispensable no mundo do mar. Así mesmo cúmprense 40 anos dunhas alfombras florais que homenaxean un sentimento á honra da Virxe do Carme e que tinguen de colorido as rúas de Foz. Todo isto e moito máis estase preparando en Foz para os vindeiros 14, 15, 16 e 17 de xullo, que serán os días da festa máis querida para @s foceg@s”.
Dende a comisión anuncian que “en vindeiros días sairá o cartel completo, cun amplo número de actividades, orquestras e as ganas de retomar unha normalidade completa que botabamos de menos” explica Ángel Fernández Neira.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase “contento de que volvan as festas, eses momentos de reunión e alegría que todos necesitamos despois dun longo inverno. Agradecemos a implicación da comisión de festas e de tod@s aqueles veciñ@s que aportan o seu gran de área ás festas do Carme, dende a preparación e realización das alfombras, pasando pola procesión (na que organización recae sobre a Confraría da Virxe do Carme) ata calquera pequena colaboración que se aporte a esta celebración”.
Inés López Couto sinala que “o cartel deste ano fainos estar especialmente orgullosos, xa que representa unha das indispensables figuras femininas no mundo do mar historicamente, e que se representa nesta preciosa foto dun histórico e marítimo Foz.”
Concello e comisión agardan que veciñ@s e visitantes desfruten dunhas boas Festas do Carme.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



