Acusan ao Executivo galego de desatender as reiteradas demandas do Concello para dar resposta á problemática existente nas aulas do municipio pola súa peculiar realidade, con alumnado de máis de 40 nacionalidades distintas
Burela, 1 de xuño de 2022. O Concello de Burela esixe á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que dote aos centros educativos do municipio dos recursos necesarios para atender a realidade particular da súa poboación, na que coexisten arredor de 40 nacionalidades distintas.
Ao longo destes dous últimos anos, o Concello remitiu varias comunicacións á Consellería de Educación e ao Servizo de Inspección Educativa da Xunta advertindo da situación que atravesan os centros de ensino de Burela, cunha falta evidente de profesorado de reforzo que está a prexudicar gravemente a calidade educativa de toda a comunidade escolar, e que pode derivar nun grave problema social no futuro.
“Puxemos en coñecemento da Consellería en varias ocasións que para os organismos públicos só figura como estranxeiro o alumnado que non ten DNI español, un 7% do total, cando en realidade é un 30% o alumnado de procedencia estranxeira de diferentes países, a maior parte subdesenvolvidos”, explicou Noelia Mª Ben, concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración. O goteo é continuo en canto á chegada de menores estranxeiros a Burela, que se incorporan ao curso en distintos momentos “cunhas necesidades especiais, pois na meirande parte non coñecen ningún dos nosos idiomas oficiais nin se lles ofrece un reforzo adecuado para a súa integración escolar nin social, relegándoos a cursos inferiores cun desfase curricular evidenciado pola falta de profesorado de apoio”.
Nesta liña, as profesoras e profesores “están sobrecargados de traballo, xa que a taxa de alumnado por clase mantense sen excepción, non podendo prestar unha atención de calidade nin aos nenos e nenas estranxeiros, nin aos de nacionalidade española que teñen algún tipo de dificultade ou mesmo discapacidade, repercutindo esta situación negativamente á totalidade do alumnado”, subliñou a edil.
Desde o Concello afirman que a carencia de medios é insostible, e acusan á Consellería de Educación de permitir e promover “unha discriminación clara que impide a integración plena, que perpetúa a situación de exclusión social na que se atopan moitas familias, que vulnera o dereito básico á educación igualitaria recollido na Constitución Española e que dá lugar a un ensino discriminatorio, clasista e segregacionista, que xa está a provocar que algúns pais e nais teñan que recorrer á atención privada para tratar algúns problemas dos pequenos, ou que decidan matricular aos seus fillos e fillas en colexios doutros concellos”.
A realidade apunta a que se está a lastrar desde hai moitos anos o futuro do alumnado de procedencia estranxeira, pois son casos contados os que accederon nos últimos 40 anos a estudos superiores ou que finalizaron estudos medios, mesmo sen remataren en moitos casos a educación básica.
“Queremos saber o que opina a Xunta de Galicia destes datos, xa que non nos recibe despois de numerosos escritos, se vai seguir botando balóns fóra, negando a realidade, ou deixando este problema para máis adiante, pois non lle debe parecer urxente asumir as súas competencias e dar solucións, preocuparse por Burela de verdade e non tratarnos coma cidadáns de segunda sen ter en conta as cifras reais, que escoiten á xente, aos pais e nais, e que se poñan a traballar para reverter desde xa as lamentables cifras que temos e previr unha enorme fonte de conflito social no futuro”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



