Viveiro, 15 de xuño de 2022. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o 1º Tenente de alcaldesa e concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo co Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Celeiro, Domingo Rey, e co Secretario da mesma, Máximo Díaz.
A xuntanza tiña como obxectivo avanzar no proxecto de rehabilitación da rúa do Porto en Celeiro. Por parte do Concello tamén estivo presente o arquitecto de obras municipais, Santiago Meitín.
Nesta reunión, o Concello de Viveiro mostroulles aos representantes do sector pesqueiro de Celeiro o anteproxecto elaborado para a humanización da rúa do Porto.
Esta necesaria obra xa estaba incluída no programa de goberno. Os traballos inclúen a reposición de servizos, como o abastecemento de auga, canalización da rede eléctrica ou a reposición da rede de saneamento, así como a mellora das beirarrúas.
A obra tamén inclúe a reestruturación das zonas de estacionamento ou dotación de mobiliario urbano, como bancos, xardineiras, vexetación ornamental, entre outras cuestións.
Trátase dun proxecto cun custe económico importante, que abarca unha zona moi ampla, que implica o tramo dende a Praza do Náufrago ata a Casa do Gardapeiraos.
O goberno local promove este proxecto coa intención de realizar unha rexeneración integral de toda a fronte marítima de Celeiro, para o que será imprescindible a colaboración doutras administracións, principalmente de Portos de Galicia.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.



