Burela, 17 de xuño, 2022. Este xoves tivo lugar a recepción ao equipo cadete do Pescados Rubén Burela no Salón de Plenos do Concello da mesma localidade, polo seu ascenso a División de honra.
Asistiron a este acto o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, e Manolo Blanco Fanego, Presidente do Pescados Rubén Burela. Primeiro entregaron uns detalles conmemorativos á plantilla e logo procederon a dar unhas palabras a este grupo de xogadores e corpo técnico que con tanto esforzo conseguiron un logro a alcance de moi poucos.
Alfredo Llano, en primeiro lugar destacaba que “ o que fixestes ten moito mérito” xa que co seu ascenso van conformar un dos equipos máis fortes da competición. En segundo lugar, o alcalde tamén defendía que co deporte apréndense todos os valores da vida”, porque non soamente é disputar partidos, senon que hai moitas conductas e comportamentos positivos que se sacan na súa práctica. Animaba aos xogadores a “sacar o mellor deles mesmos, porque sodes unha motivación clara de outros que veñen detrais” e efectivamente, os logros conseguidos polo equipo significan que os das próximas xeracións queren acadar os mesmos triunfos.
Manolo Blanco agradecía ao corpo técnico e xogadores o seu esforzo “o ascenso non se consegue en dous días, e un traballo a largo prazo”. Por outro lado, tamén animaba aos xogadores dicindo que “se seguen loitando a este nivel en tres anos poden chegar ao primeiro equipo” debido que xogando a este nivel todo é posible.
Por último, Ramiro Fernández, arengaba aos xogadores para que “seguisen desfrutando do fútbol sala “ e tamén os animaba para seguir nesa dinámica para que poidamos desfrutar deles no primeiro equipo.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



